Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza

Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza

Puxo a Costa o seu gran de area para que a campaña Rumbo a Gaza vaia máis cargada de vida. O comité Cosal Costa da Morte e a Organización de mulleres Buserana levan máis dun mes de campaña polos centros de ensino da bisbarra, achegando o conflito humanitario aos cativos e pedindo material para levar á zona.

O resultado foi moi satisfactorio tanto na receptividade do alumnado e profesorado como na aportación material das familias dos seis centros de primaria e sete de secundaria que participaron. Así máis de 1.100 libretas, 2.000 lapis, 100 bolis, 130 gomas... así como case que 1.000€ foron achegados polos pequenos e as súas famiias.

Deste xeito, as entidades organizadoras queren "dar as grazas publicamente ás familias, ao alumnado e ao profesorado que colaboraron na campaña, así coma aos centros en si, pois o seu traballo fará posible que nos barcos que compoñerán a Frota da Liberdade deste ano 2011, viaxe material escolar para as escolas e @s nen@s de Gaza, conseguindo así romper o inhumano e ilegal bloqueo ao que Israel somete á poboación palestina de Gaza".

Estas son as axudas dos centros da zona:

Frota da Liberdade

A segunda Frota da Liberdade, integrada por quince barcos con representación de vintecinco países, zarpará na segunda quincena de maio. Na primeira quincena do mesmo mes, terá lugar unha festa de fin de campaña, á que invitan xa dende agora a todas as persoas que colaboraron na mesma ou queiran facelo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios