domingo. 04.05.2025
El tiempo

Os mestres de Bergantiños aprenderán a usar o xogo didacticamente

Os mestres de Bergantiños aprenderán a usar o xogo didacticamente
Curso de Patrimonio Ludico de Carballo

Xa aapuntamos que o xogo tradicional volve a Bergantiños. I é que ademais da inauguración do primeiro Museo Etnolúdico de Galicia, o Concello de Carballo acollerá o V Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico. Curso co que a AGXPT) pretenden divulgar os xogos populares e tradicionais.

O Curso desenvolveráse o venres 8 e o sábado 9 de novembro no Forum Carballo baixo o lema "Xogo tradicional e desenvolvemento psicomotriz".. O obxectivo do curso é o de "tratar de formar aos educadores" e "divulgar" os xogos populares como son a chave, a corda, as bólas, a ra, a estornela, o ovo, a mariola, etc. Isto é, darlles ferramentas aos mestres para poder utilizar o xogo como método didáctico.

Lembran dende a NEG que nesta quinta edición o Curso desenvolverase en Carballo, a capital de Bergantiños, "unha das comarcas máis e mellor definidas a nivel cultural de todo o país, na que o patrimonio lúdico atopa manifestacións específicas e na que se están desenvolvendo interesantes proxectos de recuperación e posta en valor do xogo tradicional: clubs de chave, o Museo Etnolúdico Galego de Ponteceso, desenvolvemento de teses de doutoramento sobre os espazos de xogo, proxectos de longo percorrido nalgúns centros da comarca…"

Un completo programa

Relatoiros e obradoiros compleméntanse coa cea conxunta do venres. E repasando máis polo miúdo, Paco Veiga divide as actividades en tres bloques. Un centrado na comarca de Bergantiños, que contará coa intervención do profesor Apoliñar Graña Varela en relatorios e obradoiros prácticos. Completaras cunha conferencia sobre o recentemente inaugurado Musel Etnolúdico de Galicia situado en Ponteceso e pecharase coa intervención do Club Artesanía Padín de Chave, un dos xogos que pode considerarse "xenuinamente galego".

O segundo bloque céntrase na intervención de especialistas do xogo tradicional en Galicia, con nomes como o de Luís Rama Ramírez, de Culleredo, un dos maiores especialistas no xogo do trompo.

E o terceiro bloque procura traer o punto de vista do exterior, e contará coa intervención de Julio Ángel Herrador Sánchez, da Universidade Pablo Olavide de Sevilla, que falará sobre "Os xogos tradicionais na iconografía (pintura, esculturas, grafitti...)".

Máis información e inscricións

Os interesados e interesadas en inscribirse e participar no curso poden facelo contactando coa Nova Escola Galega no 981 562 577 e no enderezo electrónico ; e na AGXPT no enderezo electrónico . A ficha de inscrición pode descargarse en <www.agxpt.org> e en <www.nova-escola-galega.org>.
Respecto do número de participantes, poderán ser un máximo de 70 por rigorosa orde de inscrición, e o profesorado contará con 12 horas de formación homologadas pola Consellería de Educación.
Respecto do custo da matrícula, até o 4 de novembro a cota ordinaria é de 50 € excepto para socios/as de Nova Escola Galega, 20 € e estudantes e parados, 25 €. A partir do 5 de novembro a inscrición custa 60 €, sendo 30 € para socios de Nova Escola Galega e 35 € para estudantes e parados. É posible solicitar axuda económica para asistir á actividade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios