Os nenos e os bichos, protagonistas da XI Semana do Libro de Carballo
09:01 22/04/16
A Semana do Libro e a Lectura de Carballo cumpre once anos. E coma sempre, este 2016 chega para animar aos nenos e nenas de Carballo a ler a a gozar co universo que se agocha nos libros. Precisamente moitos libros, da man das editoriais colaboradoras, pero tamén teatro, maxia, contacontos, obradoiros e exposicións invadirán entre o 24 e o 29 de abril o Pazo da Cultura para que os máis cativos e cativas, e os que non o son tanto, aprendan sobre o amor pola lectura.
Este ano, o lema da cita é Canta Bichería, unha homenaxe aos animais, monstros, seres fantásticos e personaxes que enchen de imaxinación e de aventuras o universo dos libros infantís. Serán 25 obradoiros e catro sesións teatrais para construír unha festa da lectura.
Máis información
Fonte
- Concello de Carballo.