Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os pequenos e o balonmán tamén terán o seu protagonismo na Mostra do Encaixe

Os pequenos e o balonmán tamén terán o seu protagonismo na Mostra do Encaixe

Unha das grandes novidades da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 4 ó 8 de abril será a Zona de Ocio destinada a degustación gastronómica e obradoiros infantís. Ademais, o balonmán terá tamén o seu momento.

A Zona de Ocio será un espazo que contará con preto de 255 m2 onde se poderá degustar distintos tipos de pan e derivados, filloas, embutidos nacionais e de porco celta. Tamén haberá licores e un espazo para a repostería onde se poderá atopar dende ‘torta de Santiago’ ata biscoitos con forma de Encaixe de Camariñas. Os amantes do viño terán a oportunidade de probar viño Alvariño etiquetado para a ocasión.

Ademais agardase contar un stand onde se ofrecerá un produto sorprendente para os galegos como o é a auga de mar conxelada. Segundo os responsables da empresa galega que comercializa este produto, “é algo moi útil para aqueles cidadáns de interior que queiran cociñar marisco ou preparar produtos mariños, pois poderán contar con auga do mar para obter maior gusto do preparado sen ter a necesidade de estar preto do océano.”

A Zona de Ocio, que estará situada no patio cuberto e terá acceso pola porta de entrada da Mostra do Encaixe, tamén haberá unha zona dedicada aos obradoiros infantís e a ‘inchables’, que permitirá segundo Insua, compartir en familia a Semana Santa de Camariñas.

Máis deporte

A incorporación de novas alternativas para vivir a XXII da Mostra do Encaixe inclúe tamén a incorporación do deporte dentro do seu programa de actividades. Por exemplo, o sábado 7 de abril de 10:30 a 18:00 horas celebrarase no pavillón polideportivo municipal de Ponte do Porto o primeiro torneo feminino de Balonmán. Os equipos participantes serán:

  • En categoría infantil: Balonmán Xallas, Club Balonmán Narón, Club Balonmán Tártago e a Escola Municipal de Balonmán de Camariñas.
  • En categoría Sénior: Balonmán Xallas, Club Balonmán Narón, Club Balonmán Tártago e o Club de Balonmán da Mostra do Encaixe de Camariñas.

Despois do campionato entregaranse os premios as 19:00 no recinto da Mostra. Sandra Ínsua considera que “é necesario apoiar ao deporte en xeral e ao balonmán en particular, xa que o equipo que leva por nome Mostra do Encaixe de Camariñas, está integrado por mulleres que durante todos estes anos foron voluntarias da Mostra, ademais de difundir o nome do Encaixe de Camariñas por toda Galicia.”

Xornada de portas abertas

A concelleira delegada da Mostra, anuncia ademais que o domingo 8 de abril realizarase a xornada de Portas Abertas para os veciños de Camariñas, que deberán presentar o DNI na entrada do recinto. “De este xeito poderán entrar de balde e desfrutar das actividades programadas, para ese día, no interior da Mostra do Encaixe”.
“Os que queiran complementar a súa estancia en Camariñas, poderán sumarse aos actos organizados polas Festas en Honra á Virxe do Monte”, apunta Sandra Insua, quen insiste en que “a Mostra do Encaixe é moito máis que exposicións e demostracións en vivo, ademais dos desfiles de moda, quérese transmitir que o Encaixe de Camariñas é Cultura e pódese vivir como tal”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios