luns. 12.05.2025
El tiempo

Outes prepárase para convertirse no centro da tradición mariñeira galega

Outes prepárase para convertirse no centro da tradición mariñeira galega
As primeiras embarcacions tradicionais xa estan no Freixo

Falabamos a semana pasada con Xesús Mato e Manolo Sendón sobre o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. I é que se trata da cita histórica-mariñeira máis importante do ano, e desta volta se desenvolve entre o 11 e o 14 de xullo no porto do Freixo, na Serra de Outes.

A cita será un compendio de actividades culturais vencelladas ao mar, que terá como punto forte a concentración de embarcacións tradicionais galegas, acompañadas doutras chegadas de Portugal, Euskadi e Cataluña. Que por certo, xa son moitas as atracadas no porto do Freixo.

Pero hai moitas máis cousas no completo programa. De feito, xa comezaba a fin de semana coa inauguración das exposicións na que Eva Veiga deixaba enmudecido ao auditorio coa súa voz. Pero a nova máis positiva chegaba da man da Xunta, que anunciaba que As técnicas técnicas construtivas das embarcacións tradicionais galegas serán declaradas Ben de Interese Cultural, gracias á labor de concienciación de dignificación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Completo programa

Festival de Musica no Freixo 2013

O xoves 11 abre o programa do Freixo 2013, coas xornadas téncnicas e a recepción das embarcacións, para disfrutar dunha sesión de navegación no mar do Freixo. Pola noite terán verbena.

I é que a música será unha das protagonsitas da fin de semana, con música galega como Sés e Terbutalina a golpe de venres ou Sondeseu e Os Cempés para o sábado.

O venres haberá tamén recital de poesía, igual que o sábado cando tamén terán tertulia. Así, ao longo dunha fin de semana onde o meirande disfrute será o ver navegar míticas embarcacións galegas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios