Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Outra semana máis de FIOT

Outra semana máis de FIOT
Rua dos Contos de Carballo no FIOT Con Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rey rematou o programa da Rúa dos Contos de Carballo no FIOT Deixou a semana pasada un doce sabor de boca aos que disfrutaron das numerosas actividades no marco do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Unha das citas singulares foi o peche do programa a Rúa dos Contos, que levou monólogos de primeira calidade polos bares da capital bergantiñá. E sen tempo a descansar, este martes arrincou unha nova semana do FIOT co obradoiro do espectador, Borja Fernández. Unha sesión que serviu para coñecer por dentro o proceso de elaboración dun espectáculo sobre a emigración galega que forma este ano parte da programación OTNI (Obxecto Teatral non Identificado), e que se proxectará o venres ás 22:30 no Pazo da Cultura. Compania Baccala no FIOT Carballo 2018 De cara á fin de semana do 19, 20 e 21, a cousa chega ben cargada, con, por exemplo a estrea do espectáculo "Pss pss", da compañía suiza Baccalá. Será este venres 19 no Pazo da Cultura, tras triunfar en más de 50 países e gañar quince premios internacionais, incluído o prestixioso galardón do Cirque du Soleil. Un espectáculo baseado na vida "clown" dos seus protagonistas, Simone Fassari e Camila Pessi, formados na Escola de Teatro Dimitri (Suiza). También o venres e dentro do ciclo OTNI do FIOT se pondrá en escena o espectaculo "Salvador", de Borja Fernández, no Pazo dá Cultura ás dez e media da noite. Trátase dunha obra cuxo guión está centrado na figura dos galegos que emigraron. A metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, destaca a combinación de texto e movementos coa música en directo e o uso de novas tecnologías.

Un sábado completo

Ao día seguinte, sábado 21 de outubro, o FIOT seguirá o seu andadura con dous novos espectácus do ciclo Metro Cadrado. O primeiro, "Primeiro de nada", de Faunos, representarase Corredor do Pazo da cultura en varios pases: á unha, unha media, sete e sete e media. Paralelamente, na galería de arte Manolo Eirín o público dispondrá doutra oferta: "As vacacións máis longas", espectáculo de danza contemporánea do bailarín Diego M. Buceta. Serena Producciones no FIOT Carballo 2018 O prato forte do sabado será a representación no Pazo dá Cultura de "Iphigenia en Vallecas", de Serana Producións, protagonizada por María Hervás. A obra versa sobre a vida dunha moza que sobrevive sen recursos e que nin estuda, nin traballa nin sabe que facer coa súa vida.

Xograr de Outono

O domingo a programación do FIOT ten unha cita especial ás 20:30 da tarde no Pazo da Cultura para entregar o Xograr de Outono ao dramaturgo Manuel Lourenzo, en recoñecemento a unha vida dedicada ao teatro. Inmediatamente después, también no Pazo da Cultura, será escenificada "Commediá", de Contraproducións. Un espectáculo de humor, acrobacias e música en directo O mesmo domingo, no marco do espazo do FIOT "Café con..." e ás sete da tarde, o director de "Commedia" comparecerá na sala de TV do Pazo dá Cultura para intercambiar opinións e impresións cos afeccionados ás artes escénicas e o público en xeral.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-fiot-recibe-o-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/ https://quepasanacosta.gal/41-espectaculos-reforzan-a-27a-edicion-do-fiot/

Comentarios