Domingo. 07.08.2022
El tiempo

Pablo Rodríguez: "O Sereas e Piratas ten unha maxia especial ao pé da praia de Razo"

Pablo Rodríguez: "O Sereas e Piratas ten unha maxia especial ao pé da praia de Razo"
Pablo Rodríguez é un dos organizadores do Festival Sereas e Piratas de Razo

Se aínda non tes entrada non sei que fas sen participar no Sorteo QPC de 20 entradas. I é que o VII Festival Sereas e Piratas da praia de Razo deixarános unha completa fin de semana de música e deporte estes 20 e 21 de xullo de 2012.

Para coñecelo un pouco mellor, falamos con Pablo Rodríguez, un dos seus organizadores, que impulsa un salto cualitativo para convertir o festival nunha auténtica referencia:

  • QPC: Ola Pablo, quedan só 4 días para o gran festón. Como van eses últimos preparativos?

Estamos cos últimos preparativos da "Zona Sereas", porque este ano imos ter dúas zonas. A Zona Sereas, aberta ao público con algún que outro concerto, zona chillout, djs... E a "Zona Piratas", de acceso con entrada e abono, que abrirá o venres a partir das 21:30h. Aquí é onde se celebrarán a meirande parte dos concertos.

E xa está case listo porque o xoves xa comeza a festa na Zona Sereas coa inauguración do Festival. A partir das 22:30h aproximandamente contaremos cun dj, a partir das 22:30h, para abrir o festival, recibir ás institucións, patrocinadores e demais.


  • QPC: 7º ano e o festival xa é toda unha referencia en toda a provincia. Cal é o segredo do Sereas e Piratas?

Pode ser o encanto do festival. Un festival pequeno, que cada ano xunta a moitos amigos da zona de Bergantiños, que se unen polo seu amor á música e o seu amor ao deporte. Ademais, todo faise baixo o encanto de Razo, que permite compartir grandes momentos.

Durante todos estes anos o festival era máis iso, un punto de encontro para moitos amigos e a xente, aínda que non o vexa anunciado, sempre pregunta por el.

De tódolos xeitos, este ano damos un salto importante. Contamos cun presuposto de 60.000€, con dous días de actividades de día e de noite, con zona de acampada... Vamos, un toque máis profesional para convertilo xa en referente a nivel de Galicia.


  • QPC: Porque mesmo houbo mesmo cambios na organización?

Efectivamente. Houbo que facer cambios e meter moita máis xente para darlle ese toque profesional e facelo tan grande como merece. Agora estamos metidos a Asociación 13 Lagartos e TroulaenTroula, e nós, desde ArtBar e ArtSurfCamp, entramos de organizadores e partners para abrirlle campo ao surf e para meter unha man na parte musical.


  • QPC: Quen son os pratos fortes musicalmente falando?

Hai varias xoias, pero os máis coñecidos son Triángulo de Amor Bizarro, Joe Crepúsculo, Pony Bravo e Colectivo Oruga. Ademais, a La Debil será tremenda pois se separan.

A nivel dj, os máis coñecidos son Dj "Yo+Yo" do Grupo Igloo, e Dj Lagartija, un dj xa consagrado e recoñecido. Pero non fan só electrónica, fan algo de todo, sobre todo electro-pop.


  • QPC: Cal son finalmente as bandas escollidas polos fans de Sereas e Piratas?

A verdade é que foi un éxito esta aposta polas músicas emerxentes. participaron máis de 80 novas bandas, das que os fans nas redes sociais de Sereas e Piratas escolleron 10. E de aí o xurado elixiou estes tres: os ferrolanos Misquious, My November e os Bristol.

Poderanse disfrutar na "Zona Sereas". Eu escoiteinos e a verdade é que están moi, moi ben.


  • QPC: Pero non todo vai ser só música, non?

Durante o día haberá de todo. Xa estamos perfilando todas as inscricións, pois haberá Campionato de Surf de Interclubes de toda Galicia, ao que chegarán os principais clubes para que compitan os alumnos das escolas. Haberá tamén balomnán praia, cun torneo organizado pola xente do Xiria, que xa teñen todo preparado.

Haberá tamén volei praia, e exhibicións de wellness e capoeira!! E ademais Art Surf Camp vai dar a posibilidade de facer un bautismo de surf de balde!


  • QPC: E a Zona de acampada e para as autocaravanas non faltará, non?

Estamos xa preparando todo. Vai estar moi ben e só quedar a durmir nesa paraxe xa será toda unha experiencia. A acampada será de balde para a xente que veña con entrada ou abono.


  • QPC: Buenos, pois quedamos emprazados para visitar Razo esta fin de semana, daquela. Que lle dirías á xente para que se anime?

Pois que imos ter bo tempo, co cal vai haber gran ambiente para disfrutar día de praia e dos concertos. Un feixe de actividades deportivas, música en directo no medio da praia, sol... É unha oferta que non se pode disfrutar en moitos sitios, é a chave para que a xente poida relaxarse e disfrutar un festival diferente dos demais, e a pé de praia.

Máis información

Novas relacionadas

comentarios