Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Pola recuperación das formas tradicionais dos días da semana

Pola recuperación das formas tradicionais dos días da semana

Luns, martes, cuarta feita, quinta feira, venres, sábado e domingo.

Así sentiron sempre os maiores de Bergantiños como os seus pais e avós lle chamaban aos días da semana. Unha nomenclatura e agora se relaciona demasiado cun espectro político e ideolóxico moi concreto. Sen embargo, estamos seguros de que as protagonistas desta documental non se pensan tan partidistas, e menos nestes días onde a lingua debe unirnos a todos.

A sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños vén de editar un traballo audiovisual co cal pretende dar a coñecer como as denominacións dos días da semana por "feiras" era moi común na nosa comarca, até hai moi pouco tempo, ao igual que no resto do país. O vídeo contén testemuños da propia veciñanza que nos conta como esta denominación dos días da semana era maioritaria ata hai relativamente moi pouco tempo, sobre todo corta e quinta feira, e que durante as últimas décadas entrou en desuso a pesar de ser unha forma plenamente oficial na normativa do galego.

Interesante tamén a intervención no vídeo de Carlos Callón, profesor, escritor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que explica maxistralmente a orixe pagá da denominación "luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo" e a súa relación cos planetas "Marte, Mercurio, Xúpiter, Saturno e Venus".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Mesa pola Normalización de Bergantiños.
video mesa feiras

Comentarios