Rafael Lema e Miguel San Claudio reciben a Medalla ao Mérito Cultural
O aqueólogo subacuático Miguel San Claudio Santa Cruz e o escritor e delegado da Real Liga Naval Española na Costa da Morte Rafael Lema Mouzo recibirán a Medalla ao Mérito Cultural da Real Liga Naval Española o 29 de marzo en Madrid.
Tamén recibirá esta mención o historiador coruñés e presidente da Asociación Contraarmada Luís Gorrochategui Santos.
Alegrámonos así que o gran traballo de recuperación histórica do mundo dos naufraxios na Costa da Morte teá o seu recoñecemento. I é que falamos de, probablemente as dúas persoas máis eruditas en canto a naufraxios se refire. Un baixo a auga, como San Claudio con máis de 20 anos mergullándose e descubrindo pecios ou tesouros submariños. E xa en terra, pero ca pluma moi vencellada ao mar, un escritor como Rafael Lema que ten feito novelas sobre piratas e mesmo recollidos máis de 1000 naufraxios nas costas galegas.
A xunta de goberno da RLNE o pasado 3 de febreiro acordou conceder estes recoñecementos polo labor de tipo cultural e formativo dos premiados, tras solicitar a medalla para os tres o delegado en Galicia José Manuel Pato González.
As imposiciones terán lugar o 29 de marzo ás 19,30 horas no campus da Universidade Camilo José Cela nunha acto de gala seguido dun cóctel.
Novas sobre naufraxios
- Rafael Lema presentou os seus soños e naufraxios en Carballo.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).