Luns. 25.05.2020
El tiempo

Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo

Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo
Rafael Lema vén de publicar o meirande Catálogo de Naufraxios de Galicia e da Costa da Morte

Dende a Gabarra Prima, este mesmo mes, ata a Flota do Rei Franco Gontran, aló polo ano 585. Pasando polo famoso Serpent ou polo pequeno Hermanos Pampín. Así ata 1.379 accidentes, dos que case a metade se rexistraron no litoral da Costa da Morte, recolle o investigador Rafael Lema Mouzo no maior catálogo de naufraxios publicado sobre as costas galegas.

Xa os temos vistos nos mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario, e escoitado ás anécdotas de máis de 500 naufraxios da Costa da Morte. Pero hoxe anotamos un a un os naufraxios de toda Galicia, con nome e apelidos. Unha colleita que nos sitúa, sen lugar a dúbidas como a rexión marítima máis perigosa do mundo, a pesar de que moitas costas do mundo atribúense ser a máis perigosa e contar co maior número de naufraxios e de tesouros mergullados.

Este "Catálogo de Naufraxios", o maior nunca publicado sobre as costas galegas, é publicado por Elven Comunicación, co apoio de Don Clic Soluciones Tecnológicas, e xa se pode descargar directamente dende a súa web.

O meticuloso traballo de Rafael Lema "sitúa", segundo o autor, "a Galicia como a rexión con máis naufraxios identificados do mundo e á área coruñesa como a provincia líder a nivel mundial".

En Cifras

  • 1.379 naufraxios documentados en Galicia.
  • 643 naufraxios documentados na Costa da Morte.
  • Case 6.000 persoas morreron nestes accidentes marítimos.

Menudos datos...

Máis información

Novas sobre naufraxios

Fonte

comentarios