Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Retrato a tamaño natural

Retrato a tamaño natural

Os 280 quilómetros do litoral galego entre A Coruña e Outes nunha soa foto. Con ela o proxecto Coronita Save the Beach pretende ir mesmo polo Guinnes pola foto máis longa da historia. E a protagonista a nosa Costa da Morte... algo estirada, iso si.

Xa podedes pasar por www.coronasavethebeach.org/marea-blanca para percorrer a provincia de punta a punta, bucear por toda costa e buscar aquelas praias que máis vos pretan, ou aqueles recunchos singulares nos que estivestes limpando 10 anos atrás.
Precisamente niso se enmarca o proxecto Save the Beach, que entra na campaña Galicia en Color- Rede de encontros 10 anos despois para enismar a todo o mundo a boa cor que ten a Costa galega 10 anos despois da catástrofe. Gracias, iso que quede ben claro, a todos aqueles voluntarios que nos salvaron do chapapote. Heroes anónimos como o catalán Isaac, ou como Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.

Documental de Isabel Coixet

O proxecto inclúe tamén unha documental, nada menos que feita por Isabel Coixet. Documental que se presenta este vindeiro 16 de maio en Madrid, e varios dos seus protagonistas están invitados á premier.

E de seguro que vos sonan os seus protagonistas, pois son o mariñeiro corcubionés Luís Rodríguez da Asoar-Armega, o patrón de Lira J. Manuel Gómez, o xerente da confraría de Muxía Nacho Castro, o ceramista Nacho Porto, a xerente da confraría do Pindo Merche Díaz Mayán, o voluntario de Kazajstan Rustan, o alemán Sven ou, como non, a extremeña-fisterrá Sole Méndez.

A partir do 17 de maio xa o poderemos ver tamén na web de www.coronasavethebeach.org/marea-blanca. Estaremos atentos para traelo a QPC. Este é o trailer:

Máis información

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios