Risas e fantasmas para pechar a XXVII edición do FIOT


Co Samaín, o empre exitoso Festival Internacional de Teatro de Carballo chega ao seu remate. Este mércores 31 de outubro, ás 21:00h, compañía madrileña Lazona estreará en Galicia a obra “La Valentía”. Será no Pazo da Cultura de Carballo. Unha farsa de auténtica tolemia uqe porá o broche a un mes de teatro que trouxo 41 espectáculos de primeira calidade nacional á capital de Bergantiños, dos que doce foron estreas en Galicia e tres estreos absolutos.
A comedia deste mércores vai ser para rir a gusto. Trae enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E por suposto un elenco de actores formidables que dan vida a seis extravagantes personaxes que deben afrontar os seus medos, superar o paraíso perdido e as herdanzas do pasado que nos lastran. “Realizar os cambios necesarios para avanzar a un proxecto de futuro require valentía”, suliña o director da obra.