Santa Comba arrinca co seu I Ciclo de Teatro
07:14 05/11/15
Outono, tempo de teatro. Así o entende tamén o Concello de Santa Comba, que estrea o I Ciclo de Teatro con 3 obras durante o mes de novembro. Tres compañías importabtes, como a costeira Talía Teatro, Caramuxo Teatro e Verdeveras enchegarán o auditorio do Multiusos.
Talía traerá "Demolición" o vindeiro venres 6 de novembro ás 22:00h.
Caramuxo estará con "As Fabas Máxicas", unha obra máis de carácter infantil, o venres 13 de novembro ás 18:00h.
E para pechar o ciclo, a Compañía Verdeveras virá con "Tacóns na corda" o venres 20 de novembro de novo ás 22:00h.
Fonte
- Concello de SAnta Comba.