Santa Comba tamén se rinde ao teatro por Outono


É o teatro sen dúbida o rei do outono, como o é a verbena a raíña do verán. En moitos concellos da bisbarra apostan por unha interesante programación para achegar ao público a esta arte. Co espello do FIOT, concellos como o de Santa Comba apuran a súa programación como neste IV Ciclo de Teatro de Santa Comba, que achegará a vila xalleira o mellor da escea do país.
Este mércores 31 de outubro abre a programación con Mofa e Befa, con Cranios Privilexiados.
O venres 16 de novembro continúa o poragama con DEP, de Malasombra Produccións.
Chévere, outra das grandes compañías do país, trae as súas “Fillas Bravas” o xoves 22 de novembro.
E pechará o ciclo Rendrum Teatro o venres 30 de novembro con A canción do elefante.
Todas as citas ás 22:00h no Auditorio do Edificio Multiusos.