Semana Santa, festas, viño, concertos e teatro para a nova #AxendaCostadaMorte

11:07 23/03/18

Parte meteoróxico
A partir de hoxe contaremos cos compañeiros de Meteogalicia para que nos conten como vén o tempo cada fin de semana. A pasada noite cambiou o tempo, e o vernes imos ter unha situación meteorolóxica adversa, pois vai pasar moi preto de Galicia unha borrasca. Así teremos tempos cubertos, temperaturas máis suaves, pero chuvias de intensidade moderada, sobre todo pola tarde, cando haberá ademais refachos que poderán superar os 80km/h, polo que hai activada un Aviso Amarelo por vento. O sábado será un día desapacible, o típico día de post-borrasca, con ventos que van ir a menos e chuvascos intermitentes que poderían vir acompañados de saraiba porque van baixar as temperaturas, e tamén con momentos de claros. E xa o domingo a situación mellora, non se pode descartar algunha chuvia, pero teremos ceos alternando nubes e claros, con temperaturas baixas. En resumo, un venres moi malo sobre todo pola tarde, un sábado irregular, e un domingo tendendo cara o soliño. A semana que vén, e a Semana Santa, virá cambiante, contarémolo no parte do mércores.Semana Santa
- Venres das Dolores e arrincan os actos relixiosos da Semana Santa de Fisterra. O sábado haberá ademais unha peregrinación ao Santísimo Cristo, e o domingo de Ramos, nova procesión.
- As parroquias ceesas de Desiré tamén empeza ca súa Semana Santa o domingo de Ramos.
- Corme tamén arrinca coa procesión das Dores do venres e o Domingo de Ramos.
Citas singulares
Venres 23 de marzo- O venres ás 20:00 horas terá lugar no pazo das Torres do Allo a presentación da Mostra do Traxe Tradicional da Terra de Soneira.
- Os Venres Culturais de Carballo déixannos a chegada de Ibuprofeno Teatro.
- O pub Otium48 de Cee, contará coa actuación do mago Deim na noite do venres.
- O sábado será un día para achegarnos a Laxe e disfrutar da 1ª Mostra do Viño Galego Beber do País.
- E para completar o sábado, podemos achegarnos pola noite ás Festas de Laxe.
- Nada menos que a compañía A Panadaría chegará a Vimianzo para os seus sábados de Teatro.
- Carnés celebra o seu San José cunha boa sesión vermú e verbena durante o sábado.
- O Rock Corner Bar de Cee pecha un completo mes en feminino coa actuación de Adhara & Ritman.
- En clave medioambiental tamén hai unha saída do voluntariado á erradicar as invasoras da microrreserva do Rostro.
- Luís Iglesias e Marco Orsi traen o seu “Sénior” a Muros.
- Cerquerda celebra a súa Foliada anual na tarde-noite do sábado, unha festa auténtica.
- Tamén en clave tradicional, poderemos achegarnos á lectura-karaoke de Tella.
-
- Xa o domingo teremos o Festival de baile e música tradicional de Fisterra.
- Comezan ademais os Domingos de lecer de Ponteceso, pensados para a xente maior.
Exposicións
-
-
- A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
-
Máis información
Fonte
-
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)