xoves. 24.04.2025
El tiempo

Senda Nova achega a importancia da Paisaxe ás escolas

Senda Nova achega a importancia da Paisaxe ás escolas
A voluntaria Elena presentando as Semanas de Paisaxe con Senda Nova

Paralelamente ao programa Primavera en Ruta, que xa arrincaba esta pasada fin de semana e que ten unha nova saída este domingo, a Asociación Ambiental Senda Nova, presentaba onte o programa pararelo "Semanas de Natureza e Paisaxe”.

Unhas novas xornadas que pretenden seguir achegándonos á natureza, aos recursos naturais e á paisaxe, contando coas ideas e o esforzo de voluntarios e voluntarias. Así, os sábados de abril, maio e xuño e alguns días pola semana tocar achegar a “pachamama” aos centros de ensino de Bergantiños.

Obradoiros con barro e de convivencia para os máis pequenos, iniciacións á apicultuta e á fotografía paisaxística tamén para os maiores ou charlas e saídas ao medio con colexios de primaria son algunhas das actividades a desenvolver e nas que, de xeito periodico, facilitaremos máis e precisa información do xeito, modo de inscribirse e número de prazas. Teñen máis información en sendanova@hotmail.com, no 636326083 ou no facebook.

Paisaxe e Natureza con Senda Nova Semanas de Paisaxe e Natureza con Senda Nova

Novas relacionadas

Fonte

  • Senda Nova.

Comentarios