venres. 02.05.2025
El tiempo

Sesión chillout na terraza da Costa da Morte

Sesión chillout na terraza da Costa da Morte

A verdade é que cando estás nunha boa terraza en calquera parte do noso litoral costeiro, disfrutando do solpor, as sensacións son dificilmente descifrables. Ese Atlántico amarillento visto dende dende a fin do mundo, dende Lires, dende Touriñán, o Vilán, o Rocundo, A Insua, Punta Nariga... ou calquera outro Recuncho da Costa, convirten á nosa bisbarra nunha autentica terraza.

E que mellor que un pouco de chillout para relaxarnos e disfrutar das vistas. Así o pensou o xornalista estadounidenste con raíces costeiras Horacio Cambeiro, que vén de montar un vídeo coa música do produtor xermano-paquistaní "Dj Shah, Sunlounger". I é que o seu novo album chámase "Another Day on the Terrace" (Un día máis na terraza", e que mellores vistas que as nosas para gozar cun pouco música relaxante co son das ondas do mar de fondo.

E para contarnos algo máis sobre Horacio, falamos con Edita Cambeiro, habitual colaboradora de QPC que ademais é a autora das fotos deste fermoso vídeo. Cóntanos Edita que "desde fai tempo Horacio tiña interese en coñecer as orixes do seu apelido paterno e púxose en contacto con xente da nosa zona para saber da Costa da Morte, das nosas costumes e tradicións e sobre todo quedou namorado das nosas paisaxes. Fai anos tiña relación cun rapaz de Brens que vive en Vigo e xa daquela editara un vídeo con fotos da Costa da Morte e música relax que tanto lle inspiran as nosas paisaxes".

Horacio gusta da terra dos seus ancestros e mesmo "foi el quen fixo a wikipedia de Fernando Blanco de Lema en castelán (estaba só en galego) " e tamén a do gaiteiro Anxo Lorenzo en galego e castelán", da que fixera a tradución ao galego a propia Edita.

Cóntanos tamén Edita como quedou prendando da nosa bisbarra: "Cando lle mandei saudos nun vídeo desde o Cabo Fisterra, para un programa da radio que facía el en Miami quedou abraiado da beleza da nosa costa. Sempre mandaba saudos para A Costa da Morte e explicaba á audiencia onde se atopa este recuncho do noso país", recorda.

Así que sen máis, aí quedades... que nós nos poñemos os cascos e imos disfrutar das vistas.


Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios