Sicixia volve de Houston cun novo premio internacional

Ignacio Vilar recibe premio en Houston por Sicixia

Con 35 flimes de todo o mundo (Arxentina, Rusia, Cuba, Canadá, México, Irán, India, Reino Unido, Croacia, etc.) competía Sicixia polo Premio ao Mellor Filme Estranxeiro no 50º WorldFest-Houston (EE.UU.) E a película costeira de Vía Láctea Filmes e TVG volvía a Galicia co Premio Platinum Remi Award, o máis alto galardón do festival na categoría.

Arredor de 400 persoas asistiron á Gala de Entrega de Premios, celebrada no Grand Ballroom Westchase Marriott Hotel (Houston).

O WorldFest-Houston (3º festival máis lonxevo de EE.UU., logo do de San Francisco e New York) pode gabarse un ano máis do altísimo nivel acadado nesta 50º edición, celebrada na cidade texana entre o 21 e o 30 de abril, á que concorreron filmes procedentes dos cinco continentes e cuxo país convidado de honra foi China. Trátase do único festival do mundo que posúe dez categorías superiores a competición, recibe anualmente unha media de 4.500 proxectos audiovisuais dos cales só arredor dun 15% reciben un galardón.

Sicixia en Barcelona

De igual xeito, Sicixia estrearase no emblemático Cinema Maldà de Barcelona o venres 12/05, permanecendo no seu cartel nun pase diario (20h30) ata o xoves 18/05 (Semana das Letras Galegas).

Artigos relacionados

Novas cinematográficas

Máis novas cinematográficas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)