Sicixia volve de Houston cun novo premio internacional
          
 Ignacio Vilar recibe premio en Houston por Sicixia
Con 35 flimes de todo o mundo (Arxentina, Rusia, Cuba, Canadá, México, Irán, India, Reino Unido, Croacia, etc.) competía Sicixia polo Premio ao Mellor Filme Estranxeiro no 50º WorldFest-Houston (EE.UU.) E a película costeira de Vía Láctea Filmes e TVG volvía a Galicia co Premio Platinum Remi Award, o máis alto galardón do festival na categoría.
Arredor de 400 persoas asistiron á Gala de Entrega de Premios, celebrada no Grand Ballroom Westchase Marriott Hotel (Houston).
O WorldFest-Houston (3º festival máis lonxevo de EE.UU., logo do de San Francisco e New York) pode gabarse un ano máis do altísimo nivel acadado nesta 50º edición, celebrada na cidade texana entre o 21 e o 30 de abril, á que concorreron filmes procedentes dos cinco continentes e cuxo país convidado de honra foi China. Trátase do único festival do mundo que posúe dez categorías superiores a competición, recibe anualmente unha media de 4.500 proxectos audiovisuais dos cales só arredor dun 15% reciben un galardón.
Sicixia en Barcelona
De igual xeito, Sicixia estrearase no emblemático Cinema Maldà de Barcelona o venres 12/05, permanecendo no seu cartel nun pase diario (20h30) ata o xoves 18/05 (Semana das Letras Galegas).
Artigos relacionados
- María Bella: Sicixia: “unha historia de amor e desamor?*.
 - Lema Suárez: As outras coincidencias con Sicixia: Da lenda da Buserana á da Serea dos Mariño.
 
Novas cinematográficas
- Novembro 2016: Sicixia chega aos cines.
 - Quen sae en Sicixia?
 - Sicixia sorprende en París.
 - Sicixia seleccionada no 54º festival internacional de Cine de Xixón
 - Marta Lado leva o premio á Mellor Actriz no Festival de Toulouse por Sicixia
 - Sicixia: Oda onírica á Costa da Morte
 - Sicixia leva a Costa da Morte ao XXI Festival Cinespaña de Toulouse.
 - Primeiras probas de Sicixia na gran pantalla
 - Ignacio Vilar pon fin á rodaxe de Sicixia
 - Marta Lado: “Con Sicixia descubro lugares e sensacións da Costa da Morte que non coñecía”
 - “Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”
 - A Costa da Morte ponse de longo para acoller a rodaxe do filme Sicixia.
 - Nacho Vilar: “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”.
 - Comeza a rodaxe do filme Sicixia, no que a Costa da Morte é protagonista
 
Máis novas cinematográficas
- Almódovar roda escenas de “Silencio” na Virxe da Barca.
 - Almodóvar, buscando localizacións pola Costa da Morte
 - Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira.
 - A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal.
 - Os Crebisnky de Miguel de Lira triunfan nos Mestre Mateo.
 - A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya.
 - O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz.
 - Unha documental de percebes e boulder.
 - Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
 - Un solpor peregrino ao son do chelo.
 - As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
 - Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
 - Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
 - “The Way” tamén chega á Costa .
 - “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
 
Outras novas
- 2016: Desaparece escoitar.org: Os sons máis galegos vanse da rede.
 - 2012: Escoitar.org: Os Sons da Costa.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)