Solpor alerta do exceso de asfalto no noso Camiño


É enorme a potencialidade do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Pero tamén moitas as necesidades e os problemas. Un deles, segundo detectou a Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía-SOLPOR a través das súas conversas cos peregrinos, é a cantidade de quilómetros de asfalto das 3 últimas etapas.
Cando os hstaleiros preguntan polos problemas ou eivas desta ruta sempre sae un tema recorrente, que afecta moito á calidade da marcha: o exceso de asfalto.
Deste xeito, Solpor fai varias propostas, como elaborar unha memoria de posibles camiños alternativos, sempre e cando sexan paralelos e próximos ó actualmente sinalizado polo Xacobeo, e que non impliquen un alongamento excesivo da distancia, para evitar tanto o asfalto coma, en certos puntos, tramos de estradas perigosas para os peregrinos.
Por outra banda queren tamén propor ó Xacobeo actuacións puntuais en certos tramos, coa construción de sendas paralelas en terra tal e como se ten feito no Camiño Francés, para evitar a fasquía de ter que pisar durante longos treitos o asfalto.
Así menos están preparando un listado de puntos negros nos que as actuacións deberían ser urxentes para evitarmos, na medida do posible, atropelos ou accidentes.
De feito, co gallo da última visita a un dos tramos en Negreira, o Xacobeo ten contactado coa entidade para que os seus técnicos poidan coñecer os treitos alternativos propostos, caso da entrada de Negreira, saída de Negreira, e entre A Pena e Vilaserío, para proceder á súa avaliación e posible sinalización oficial.
Máis novas
- Por fin unha senda peonil ata o Faro Fisterra.
- CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Solpor abrirá unha oficina en Santiago sobre o Camiño a Fisterra-Muxía.
- Nava Castro revisa as obras no Camiño.
- A Xunta comprométese a promocionar o Camiño de Fisterra-Muxía no exterior.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Terminar o Camiño no Mar, con Jose Antonio De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
- Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae (VII). Lendas e tradicións. O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).