Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Nava Castro revisa as obras no Camiño

Nava Castro revisa as obras no Camiño
Visita institucional ás obras do Camiño entre Olveiroa e Muxía

A semana pasada comprometíase coa entidade Solpor para promocionar a Prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. E esta semana quixo comprobar en primeira persoas varias obras de acondicionamento do Camiño realizadas con fondos da Xunta.

directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada pola delegada territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén do Campo, e os alcaldes de Muxía e Dumbría, Félix Porto e José Manuel Pequeño, visitou hoxe en Muxía as obras que está a realizar o departamento que dirixe no Camiño Fisterra-Muxía e nas que se investiron máis de 300.000 euros no ano 2014 nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión e a propia Muxía.

Os alcaldes de Muxia e Dumbria acompanaron as representantes da Xunta

Bos números

I é que por Santiago, onde este ano recibiron 236.000 peregrinos (un 10% máis que o ano anterior), xa se decatan da importancia do noso treito. AA Costa da Morte é o destino galego que rexistrou o mellor comportamento da demanda hoteleira e o destino de Galicia, logo de Santiago, con maior peso internacional dentro da estrutura da demanda turística de Galicia.

Neste sentido, o 66% da demanda hoteleira da Costa da Morte corresponde ao turismo nacional, mentres que o 34% restante é internacional. “Así pois, argumentou Nava Castro, a Costa da Morte é, logo de Santiago, o destino de Galicia con maior peso internacional dentro da estrutura da demanda turística de Galicia”.

Reiteran que o Camiño Fisterra-Muxía é un “gran elemento captador de turismo internacional” que posiciona Galicia como marca e como destino diferencial.

Obras de Acondicionamento da Ruta Fisterra-Muxía

As obras que se están a realizar no tramos visitados hoxe en Muxía consisten na realización de traballos de subbase de zahorra, rasanteo e nivelación, así como a eliminación de auga no camiño mediante a apertura de cunetas.

Ademais, nos concellos limítrofes de Muxía tamén se están a realizar obras similares. No concello de Dumbría estanse acondicionando catro tramos entre Olveiroa e Hospital afectados polo efecto da auga e as maquinarias agrícolas. “En total suman máis dun quilómetro de trazado de acondicionamento nos que en liñas xerais se realizaron obras de apertura de cunetas e bacheados así como nivelación do terreo entre outros”, afirmou a directora de Turismo de Galicia. “Neste concello, ademais, tamén estamos acondicionando as caballerizas do albergue de Olveiroa para integrar doce plazas mais as 34 existentes”, engadiu.

Pola súa parte, no concello de Cee se está a acondicionar o treito situado cerca da Capela das Neves de pendente continua moderada xa que debido a acción da auga foise deteriorando notablemente o firme do camiño, deixando pedras soltas de gran tamaño e canles sobre o mesmo que dificultan o paso. En Cee tamén se están realizando labores de mantemento na entrada na propia localidade. En liñas xerais os traballos consistiron na apertura de cunetas, bacheado, nivelación do terreo e colocación de pasos de auga en V con pedra graníticas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Solpor.

Comentarios