martes. 06.05.2025
El tiempo

#sondacosta. A familia QPC segue crecendo

#sondacosta. A familia QPC segue crecendo
Colabora con QPC e faite cunha taza #sondacosta

Xa está en marcha está a campaña de QPC #sondacosta. Dende QPC queremos reincidir neste Nadal no sentimento #CostadaMorte, ademais de intentar sobrevivir nestes tempos de crise. Por iso, sacamos estas Tazas QPC, que poden ser un bo agasallo para os nosos achegados ou para nós mesmos.

E a verdade é que a acollida está sendo moi positiva. Xa temos unha morea de xente que nos pedíu unha taza para que lla enviemos, pero polo de pronto a primeia edición está dispoñible nos establecimentos colaborardores. A semana que vén intentaremos empezar a mandalas.

O que si nos foron chegando foron imaxes dalgúns seguidores que xa se fixeron cunha taza, i é que a gracia da taza é que se pode escribir nela. E aí é onde queremos que escribades algunha frase, algún tuit que poida rematar precisamente co hastag #sondacosta.

Costa da Morte Galicia xa ten a súa taza QPC APTCM xa se fixo cunha taza QPC Algunha membro da familia QPC non ten o dia Daniel Oca quere unha "tetaza" Javier Calaza, outro membro da familia QPC, ten xa a Calataza!

Colabora con QPC

Xa podedes pasar a mercala, por un prezo de 10€ (colaborar é o importante) nos seguintes establecimentos colaboradores co portal QPC:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios