mércores. 14.05.2025
El tiempo

Tempos Novos chega aos 200 números

Tempos Novos chega aos 200 números
O numero 200 de Tempos Novos volve as orixes

200 números para unha publicación mensual, xa son números. E se falamos dunha publicación que se define como un "desafío político e social, ético e profesional, que medra pola verdade informativa, pola opinión plural, polo coñecemento", moito máis.

A aventura editorial de "Tempos Novos chega ata os 200 números. un Punto e seguido na súa historia porque a súa ambición, a pesar dos tempos que corren, é a da permanencia. Con esa vocación de servir de "espazo de liberdade e pensamento crítico, nun país onde os medios de comunicación tradicionais teñen vocación de estupefaciente".

Como compañeiros na Asociación de Medios en Galego damos boa conta do mérito da superviviencia dunha revista cultural coma esta. "A desaparición da publicidade comercial e o recorte das axudas públicas puxo de manifesto que un medio creado para os seus lectores, que depende únicamente deles e delas, é posible". I é que Tempos Novos vive gracias aos seus suscritores, que protagonizan toda unha demostración de compromiso.

Téñeno claro: Non somos nin debemos ser neutrais na defensa desas causas cívicas. Si imparciais á hora de exercermos a interpretación, a análise e a crítica de canto as destrúe ou esclaviza. Un contrapoder, en definitiva. Para seguirmos marcando a diferenza 17 anos máis. En galego, por suposto.

Por outros 200 números máis!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios