Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Tremenda axenda festexeira da primeira fin de semana de agosto

Tremenda axenda festexeira da primeira fin de semana de agosto
AxendaCostadaMorte 3 de agosto 2012

Completa fin de semana esta primeira de agosto do 2012. Con citas ademais históricas, pois como vemos son varias as propostas que levan máis de 20 anos celebrándose na zona.

Unha das nosas preferidas é a XXIX Festa da Carballeira de Zas, que este ano chega cunha viaxe por Euskadi, Portugal e como non, Galicia.

E seguindo polo bando festivaleiro, temos que apuntar tamén a doble cita de venres e sábado do IX Festival Castelo Rock de Muros, unha proposta impresionante na vila muradá.

Ollo, que en Dumbría teremos a multifesta, a XXVII Festa da Praia do Ézaro, que combina deporte, música e moita troula para pasar unha completa fin de semana.

Non faltará unha das citas gastronómicas máis agardadas do verán: XXI Festa do Longueirón de Fisterra, que durante o sábado e domingo encherá de marisco a zona da praia da Ribeira.

29 anos ten tamén a XXIX Mostra de Olería de Buño, que se inaugura este venres e que durará ata o día 12 con ventas, exposicións e demostracións.

E 27 a XXVII Motofesta de Ponteceso, que fará espertar cos ruxir dos motorres ao mesmo Pondal.

Compre destacar tamén a Ruta Abentina por Muxía, lembrando ao poeta. Ademais, a vila celebrará un interesante Outlet de libros.
Preto, en San Martiño de Ozón, os membros do Albergue As Auroras do camiño celebran un mercadillo de troco.

Tamén haberá música en directo nalgunha das poucas salas que apostan por ela. O venres teremos Concerto de Luís Díez Antolinos no MAC de Corme e concerto do TRAC en Fisterra.

E non podemos esquecer a cita co cine do neorrealismo italiano en Carballo.

Máis información

Fonte

Comentarios