![]()
O
renovado Casino1889 de Carballo celebrará durante os próximos días 16 e 17 de maio o singular
Festival Contra-Letras.
E para enchelo de contidos, a entidade convoca xa
Certame Poético Festas Minervais, unha importante celebración literaria que quere recuperar a nova directiva, pois este ano sería, nada menos a súa 75ª edición.
As persoas interesadas en participar deben entregar entre 3 e 5 poemas orixinais, escritos en galego (en calquera das súas normativas) ou en portugués. De tema e extensión libres, presentaranse baixo pseudónimo, xunto cun sobre cerrado en que figuren os datos persoais e de contacto do autor.
As composicións entregaranse exclusivamente na sede do Casino, ata o día 15 de maio, e os gañadores anunciaranse o día 17, durante o transcurso do “Festival Contra-Letras”, que se inaugurará na véspera, cunha noite de poesía e unha homenaxe ás Irmandades das Fala, no día do seu aniversario. Durante a xornada festiva, haberá múltiplas actividades, desde encontros con poetas ata obradoiros de creación poética e, como non podía ser menos, unha sesión vermú.
Novas relacionadas
Fonte