Un conto co menú nas Tabernas de Carballo


Este xoves 1, e ata o 15, os menús do día de 14 bares de Carballo terán un condimento especial: literatura. A proposta Contos de Taberna arrinca hoxe para recuperar estes espazos comoos verdadeiros ligares de creación de historias, de palabras, de interacción e de comunicación.
Nesta primeira quincena de maio haberá un total de 13 actos de presentación dos textos e ilustracións de Contos de Taberna polos bares de Carballo, nos que participarán os autores e autoras e os ilustradores e ilustradoras.
Serán 13 actos de presentación, que comezará Xurxo Borrazás e Milagros Cotelo o día 1 en Kasa Klandestino e que rematarán María Canosa e O’Mighelo o día 15 no Bodegón O Pescador. Todos os actos serán ás 20.30 h e abertos ao público.
Polo medio pasarán Santi Garrido e Cristina Castro polo Café Abastos (venres 2); Ramón Vilar Landeira e Antonio Reino pola Viñoteca Ánfora (sábado 3); Ignacio Silva e Santi Picos polo Café Cervantes (domingo 4); Fernando Cabeza Quiles e Pedro Tasende polo Mesón do Pulpo (luns 5); Cristina Abelleira pola Cova (mércores 7); Mercedes Queixas e Antonio Taracido pola de Pako (xoves 8); Henrique Mariño e Mon Lendoiro pola Cervexaría Ágora (venres 9); Alberto Varela Ferreiro polo Café Valle Inclán (sábado 10); Rosalía Fernández Rial pola Cabaña (domingo 11); Paco Souto e Emi de las Heras pola Pedra (martes 13); e Xosé Antonio Andrade pola Bombonera (mércores 14).
Un conto coa consumición
Xa desde o 23 de abril, Día do Libro, e até o 17 de maio, Día das Letras Galegas, as persoas que acudan a un dos 14 bares participantes no proxecto e fagan un gasto mínimo de 15 euros –ou tres almorzos no caso das cafetarías–, levarán de agasallo o texto e a ilustración propia dese bar. E é que cada un dos bares ten o seu relato, e a súa ilustración, personalizados.
Daquela #QuedamosenCarballo?
Novas relacionadas
- Carballo prepara os seus Contos de Taberna.
- Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 20 carballeses pasan de alumnos a artistas de gravado.
Fonte
- Departamentos de Turismo Carballo e Normalización Lingüística.