Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Curruncho Pop para celebrar os 30 anos da banda carballesa Tramitess

Un Curruncho Pop para celebrar os 30 anos da banda carballesa Tramitess
A Banda carballesa Tramitess celebrara 30 anos no Curruncho pop A Banda carballesa Tramitess celebrara 30 anos no Curruncho pop Currucho Pop Carballo 2018

Este 2018, o singular programa musiqueiro do Curruncho Pop que enche de música a Biblioteca Rego da Balsa, ten unha data especial. O 5 de maio será o día de celebración dos 30 anos da banda carballesa Tramitess, unha das máis lonxevas de Bergantiños.

O Curruncho busca ofrecer un espazo para escoitar novos sons, diferentes estilos musicais, e tamén dar a coñecer diferentes intérpretes, tanto locais, como galegos, españois ou de outros países. De feito, dende o pasado 1 de marzo ao 2 de xuño visitarán Carballo artistas non so galegos é españois, senón tamén xaponeses, americanos ou escoceses.

O formato mantense: as citas, na biblioteca municipal, os sábados ás 20.30 horas.

.

Os concertos

Para o día 17 de marzo está programada a actuación de Alasdair Roberts, un músico escocés que comezou moi novo cunha banda chamada Appendix Out e que a partir de 2001 continuou a súa carreira en solitario colaborando con artistas tan coñecidos como Will Oldham, Jason Molina ou Gerard Love (Teenage Fanclub). Roberts compartirá auditorio con Larkhill, banda tamén folk de Carballo, que está a piques de sacar o seu primeiro traballo discográfico. O 14 de abril visitará o auditorio do Rego da Balsa a Alex Díez, moi coñecido polo seu actual grupo, Cooper, pero tamén e sobre todo polo seu proxecto máis importante, Los Flechazos. Terá como invitado a Talbo Mods, un xaponés que fai versións de música mod e que é fan confeso dos Flechazos. O 5 de maio celebraremos o concerto do 30 aniversario de Trámitess. Comezará coa actuación do grupo homenaxeado, que tocará tres das súas cancións máis coñecidas e outras dúas versións dunha das formacións máis importantes que deu o rock local, Metro. Fran Méndez, Pepe Fidalgo e Kiko Iglesias estarán acompañados por Alberto Martínez (Versión Imposible), Roberto Pose “Garban” (ex Vecino e Porta con porta, entre outros), Pepe Iglesias, Ramón Martínez Mato (ex La Crema), Feliciano Mira (ex Trámitess e Versión Imposible), Francisco González “Panchi” (ex Enfermos) e José Antonio Levices (ex Metro). Tamén haberá, seguro, algunha sorpresa de última hora e proxectarase unha montaxe audiovisual da carreira de Trámitess. O 12 de maio é quenda para Espiño, un músico compostelán que no seu último traballo, “I”, en galego, fai un percorrido polo rock psicodélico e o folk americano. O 26 de maio chegan outros tres músicos de talla contrastada e o pop luminoso do valenciano Ramirez Exposure na súa colaboración con Mark Jonson e Richard Floyd (ex Television, nada menos). Pecharase o programa o 2 de xuño con Aries, a versión electrónica de Isa Fernández Reviriego (ex Charades). Compartirá auditorio con Santi Campos, un artista de longa traxectoria que chega a Carballo para ofrecernos o seu traballo máis novo.

Fonte

  • Carballo.
Comentarios