Un curso completa a oferta fotográfica do Certame Xosé Manuel Eirís


Xa está aberto, ata o 3 de marzo, o prazo de inscrición (hai 30 prazas e o curso é de balde) para o Curso de Fotografía artellado para completar o novo Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís na súa 19ª edición.
O curso, titulado “Aproximación á fotografía como linguaxe e forma de expresión artística, e introdución á creación fotográfica”, completa así este novo impulso a un certame que ademais incrementou os premios gracias á implicación da Fundación Luis Calvo Sanz, que se estea este ano como patrocinadora.
O curso será impartido por Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que abordará as achegas da fotografía á arte visual, fará cos participantes un percorrido polas posibilidades da creación fotográfica, tratará sobre a composición e a percepción da imaxe fotográfica, sobre os grandes temas da fotografía e os seus autores, sobre a evolución da técnica, o tratamento e o estilo ao longo da historia da fotografía e, por último, fará unha introdución ás correntes fotográficas. Será, polo tanto, un curso moi completo, que se impartirá en cinco sesións, dende o 9 de marzo ata o 6 de abril, todos os xoves de 20.30 a 22.00 horas no Pazo da Cultura.
Os impresos de solicitude poden recollerse tamén no Pazo da Cultura ou descargarse na web do Concello de Carballo, e deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, preferentemente no situado nas oficinas de Cultura, entre o luns 20 de febreiro e o venres 3 de marzo.
O curso comezará o 9 de marzo.
Novas relacionadas
- O certame fotográfico Xosé Manuel Eirís incrementa os premios na súa 19ª edición.
- Premio XM Eiríx 2015: A fotografía convírterse en denuncia e arte no Certame Xosé Manuel Eirís
- Premio XM Eirís 2014: A metáfora feita imaxe no Certame Xosé Manuel Eirís de Carballo.
- Premio XM Eirís 2010: Marcos Rodríguez gaña o certame da casa.
- Marcos Rodríguez: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo.