Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un libro e unha homenaxe polos 98 anos de Asunción Antelo

Un libro e unha homenaxe polos 98 anos de Asunción Antelo
Homenaxe a Asuncion Antelo en Coristanco Emotiva homenaxe a Asunción Antelo en Coristanco-Foto-Yolanda Antelo Auténtica a emotiva festa de cumpreanos que se vivíu o pasado martes 8 do 8 ás 8 da tarde na casa da cultura de Coristanco. Unhas 100 persoas, boa parte dos seus grandes amigos, xuntáronse para celebrar o 98 aniversario de Asunción Antelo, por primeira vez sen a súa presencia, e por primeira vez lonxe da súa casa. En todo caso, foi un fermoso acto público que serviu para presentar o libro “A obra de Asunción Antelo”, unha publicación coordinada pola xornalista Cristina Abelleira acompañada das fotos de Alberte Sánchez Regueiro. Non faltaron os seus amigos e as amigas de sempre (Isabel Rey Porteiro, Alberte Sánchez Regueiro, José María Varela de Monte Branco, O`Mighelo, José Antonio Andrade, Xosé Pumar Gándara, Teresa Dosil...), o director e profes do CEIP Xosé Pichel, do Concello de Carballo foron Milagros Lantes e Belén Lendoiro... todos os concelleiros de Terra Galega de Coristanco, Laura Mariño do BNG e unha sobriña de Asunción. Despois dun comezo a golpe de regueifa da brava Lupe Blanco, arrincou Abelleira coa presentación do catálogo das obras da polifacética artista bergantiñá. Cristina, amigha íntima de Asunción dende hai moitos anos, e unha das persoas que máis fixo por darlle vida e visibilidade a toda a súa obra, deixou claro que Asunción estaría moi feliz de ver a sala tan chea. Despois de explicar como nace o libro, deixou claro que os seus amigos decidiron que cada ano, o 8 do 8 ás 8 van, pase o que pase, van celebrar o cumpleanos da Rexobeira, “aínda que sexa nas corredoiras de Segufe”, apunta a súa comprometida veciña Isabel Rey Porteiro. Unha Isabel que recoñece que si que puido ser o recoñecemento institucional que faltaba, pero que en todo caso lamenta que “este era un libro que tiña que ter saído para adiante antes de que morrese, pero neste país facemos así…” Isabel valora enormemente o traballo realizado por Cristina e Alberte, unha vez que “este catálogo vai ser a única peza que vai quedar para a historia porque as pezas de madeira están deterioradas, xa comidas pola polilla, igual que as pezas de barro, que se non se cuidan acabarán esfolándose.” A realidade é que a día de hoxe a casa museo volve estar pechada, e mentres non haia unha institición que se ocupe dela, non vai poder quedar toda a responsabilidade na figura de Rey Porteiro. Amancio Lavandeira Goretti Sanmartin e Cristina Abelleira na homenaxe a Asuncion Antelo o 8 do 8 as 8 O alcalde Amancio Lavandeira, a vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartin e a autora Cristina Abelleira A vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín fixo unha interesante comparación entre Asunción e o protagonista dun relato de Otero Pedrayo, destacando o feito de que fose unha muller adiantada ao seu tempo que fixo o que quixo malia todas as dificultades. Pechou o alcalde, Amancio Lavandeira, facendo un chamamento a preservar o legado de Asunción e pedindo a colaboración da Deputación para reeditar o libro de poesía que se publicara hai anos, e que está esgotado. Despois actuaron Eloi Vidal (Corme) e Silvia Losada (Carballo), esta última musicando un poema de Asunción. Antes do sopro colectivo das 98 velas e do reparto das velas, que orgullosa estaría Asunción de escoitar a Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños, protagonizando unha fermosa loita regueifeira co eterno Antonio de Xornes. Era a primeira vez que a de Coristanco estreábase na casa e ben aguantou as embestidas do experimentado Antonio. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/1494529723946438/" width="600" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios