Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un novo medio en galego está na rede e o 17 de maio en papel

Un novo medio en galego está na rede e o 17 de maio en papel

Máis >Vitaminas para o galego nos medio de comunicación do país. Se ben por agora o novo xornal dixital Sermos Galiza non forma parte da campaña que lanzamos máis de 20 medios que facemos comunicación en galego, o nacemento dunha nova cabeceira sempre supón unha boa nova.

Así, www.sermosgaliza.com xa está activo, na rede, dende esta mañá de xoves 26 de abril de 2012. Ademais, o grupo de comunicación botará a andar a súa edición en papel o 17 de maio, data na que está previsto o nacemento do semanario.

Ata 300.000€ xuntaron entre osmáis de 900 accionistas cos que conta este proxecto, que ten unha redacción composta por cinco xornalistas e unha rede de persoas colaboradoras.
A súa primeira Xunta Xeral de Accionistas nomeou un Consello de Administración presidido por Teresa Moure con Néstor Rego como Conselleiro Delegado e Olalla Rodil como secretaria. Son vogais da empresa Nemésio Barxa Álvarez, Paula Castro Lago, Xoán Colazo Pazó, Xoán Costa Casas, Pura Ferreño Saia, Isabelle Kerdudo, Rubén Camilo Lois González, Manuel Mera Sánchez, Francisco Miranda Vigo, Marga Romero Lorenzo e Xurxo Souto Eiroa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Sermos Galiza.

Comentarios