mércores. 07.05.2025
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte chea de Nadal

Unha #AxendaCostadaMorte chea de Nadal
Axenda Costa da Morte de Nadal 2017 Fin de semana chea de espírito de Nadal a que se nos vén enriba. Uns días nos que poderemos aproveitar as citas que nos ofrecen os Concellos nos seus programas de Nadal para pasar estas datas en familia. Días nos que poderemos achegarvos a ver os Beléns da volta, como o Belén vivo de Santa Comba, ou o xa famoso Belén de Corcubión. Teremos tamén varias citas futbol-solidarias e seguro que nos dá para ter unha charliña co Apalpador. Repasamos primeiro como vén o tempo, gracias ao parte de 4gotas.com e despois vemos tanto os programas municipais como as citas singulares desta fin de semana que temos en quepasanacosta.gal/axenda: O tempo da fin de semana será anticiclónico, pero xusto cambiará no final do domingo. Cóntovos. O venres seguirá o tempo destes días. Seco, solleiro e con frío na mañá. No mediodía, no interior e norte da Costa da Morte aínda irá fresco, uns 12-13 graos, e no litoral oeste con 15ºC as temperaturas serán máis agradables. O sábado a situación será semellante, malia que no litoral norte e sobre todo pola mañá haberá bastantes nubes. O domingo comezará a cambiar o vento, pasará a ser do sur, xa non irá tanto frío na mañá, pero seguirá o sol e as temperaturas agradables no mediodía. Na noite do 24 comezará a arreciar o vento e a achegarse nubes ao litoral oeste. Na madrugada de Nadal comezará a chover entre Fisterra e Muros e xa na mañá de Nadal a chuvia esténderase ao interior da bisbarra e ao final da mañá ao litoral norte. Choverá todo o día de Nadal de xeito moderado (non serán chuvias moi fortes, pero estarán presentes varias horas). O martes non choverá, pero todo apunta a que o mércores falaremos de temporal (non moi intenso, pero todo apunta a que zoará o vento e teremos momentos de chuvia intensa).  

Programas de Nadal

Citas da #AxendaCostadaMorte

Exposicións

  • A Tenda Turística Stoupa acolle unha exposición que resume os Stoupidos do ano 2017, con artesáns de toda a bisbarra.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Na Eira, en Ponteceso, Suso Lista expón a súa arte efímera na area do Osmo.
 

Máis información

 

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios