Unha #AxendaCostadaMorte con teatro, música, gastronomía, sendeirismo e máis letras

08:22 19/05/17

Festiletras
- Esta fin de semana chega o cumio da35ª edición do Festiletras. Durante a mañá do venres haberá cistas para escolares co Festiciencia. Durante a tarde terá lugar un café da memoria, co documental de Omar Rabuñal recordando as minas de titanio. Xa pola Noite do prácido luar, teatro e música lusófona con Uxía e Joao Afonso na Casa dos Veciños. O sábado arrinca co IV Encontro de Aldeas Singulares. Pola tarde, Cova Céltiga cos regueifeiros de Bergantiños, e clase maxistral con Luís Davila para rematar co mónólogo de Carlos Blanco. E xa o domingo, Feira de Artesanía, foliada, e pola tarde música tradicional, con Inllar e o concerto de Luar na Lubre para pechar 35 actos polas Letras Galegas. Ademais, a fin de semana virá completa tamén cos descontos e pinchos en 103 bares de Ponteceso.
Teatro
- Continúa a Mostra de Teatro Afeccionado de Zas. Este sábado 20 dende As pontes chegan AC Alende e O Catre Teatro ao auditorio de Baio.
- Vai chegando á recta final Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros, e faino este sábado cos grupos locais.
Rutas de sendeirismo
- As Andainas Costa da Morte unirán este sábado as vilas de Corcubión e Fisterra, nun roteiro moi peregrino.
- Senda Nova percorre as terras larachesas dentro da súa 8ª edición da Primavera en Ruta. Así, o domingo visitarán Caión.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Gastronomía
- Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
- Rutas de tapas en Santa Comba. Esta fin de semana continúa en Santa Comba a VII edición da Ruta de Tapas na que participan oito establecementos da vila.
Outras citas
- O Curruncho Pop tras o concerto dos Amigos dos Músicos á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, a partir das 20:30h.
- Carballo vivirá un sábado moi enxebre coas II Xornadas arredor do Traxe tradicional no marco das Activixades polas Letras Galegas. Ademais, haberá teatro no Pazo da Cultura. E o domingo ás 18:00h teatro para nenos.
- Os máis comprometidos co medio ambiente poderán participar na limpeza voluntaria da zona da Basa (Xaviña, Camariñas) con Mar de Fábula e as mariscadoras.
- Este venres haberá actuación do Dúo G.M. no Café Labrador de Laxe.
- O domingo toca sesión vermú cas Festas de Santa Marta de Coristanco.
- Festa das letras. O RockCorner de Cee celebra mañá a festa das letras con proxeccións, recitais poéticos e música tradicional. A cita comeza ás 20 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)