Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de romarías, andainas e festas

Unha #AxendaCostadaMorte de romarías, andainas e festas
A #AxendaCostadaMorte sempre debullada en www.axendacostadamorte.com A #AxendaCostadaMorte sempre debullada en www.axendacostadamorte.com O bo tempo destes días e a gran cantidade de carteis que comezan a verse estes días na Costa da Morte e a colonizar a #AxendaQPC son uns bos indicadores de que a tempada de festas xa está á volta da esquina. Precisamente esta fin de semana, son varias as localidades da bisbarra as que lle rinden homenaxe a san Antonio, adiantándose así ao santoral.

Parte costeiro de 4gotas.com

A finde terá un pouco de todo. O venres as nubes da mañá irán a menos e acabará por lucir o sol, pero sin moita calor. O sábado amencerá co ceo despexado, irán aumentando as nubes e mesmo podería orballar ao final do día. Eses orballos serán a tónica do domingo, aínda que atentos á web porque o prognóstico do domingo aínda non está 100% claro. En xeral non será unha fin de semana de calor, pero si que haberá momentos de sol como dicíamos... Especialmente na tarde do venres e ata media tarde do sábado. Sendeirismo
  • Mazaricos: O monte do Aro será o lugar a percorrer mañá polos participantes da Andaina Coñece a Costa da Morte. A ruta, de 12 quilómetros, parte ás 10 horas da praza da Picota e o regreso está previsto para as 14 horas.
Festas
  • En Caldebarcos celebrarán mañá a esperada Romaría dos Muíños na que se lle rendirá unha homenaxe a Elisa da Fabriqueira cun amplo programa.
  • Cee: Esta fin de semana - sábado e domingo - a vila de Cee ríndelle homenaxe a san Antonio. As orquestas Olympus e Funçao Públika serán as encargadas de amenizar a verbena de mañá; mentras que o domingo haberá pasarrúas, unha grande traca de bombas e música co dúo Rosan.
  • Laxe: Festas do Aplazadoiro: sábado e domingo haberá verbeneo.
  Outras actividades
  • Encontro Cultural en Leiloio: Festa para toda a familia na Casa dos Veciños.
  • Cita poético-musical en Corcubión: A Gavilla acollerá unha sesión con poesía e música na noite sabatina.
  • IV Certame de Pintura: A contorna do Faro Vilán - extensilble a todo o concello de Camariñas - acolle mañá un encontro de pintores que poderán presentar os seus soportes entre as 10 e as 11 horas para que sexan selados polos organizadores e deberán entregar as súas obras como moi tarde ás 19 horas.
  • Limpeza da Enseada da Basa: todos os voluntarios que se animen, unha acción medioambiental con Mar de Fábula en Camariñas.
  • Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín: o concello de Vimianzo ofrece visitas guiadas a estes dous espazos todos os sábados e domingos. Na fortaleza vimiancesa serán ás 12 e ás 16 horas mentras que no conxunto etnográfico do Mosquetín son ás 13 e ás 18 horas. A entrada é de balde.
  • Dolmen de Dombate: hoxe, mañá e domingo está dispoñible o servizo de visitas guiadas en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
  • Torres do Allo: A fortaleza - xestionada polo concello de Zas - está aberta venres, sábado e domingo en horario de 11 a 19 horas.
Fonte

Comentarios