mércores. 14.05.2025
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte marcada pola Romaría da Barca

Unha #AxendaCostadaMorte marcada pola Romaría da Barca

Preséntase algo triste esta fin de semana tralos graves lumes de Carnota e Muxía. Pero as cousas continúan e esta segunda fin de semana de setembro chega cun foco particular: a Romaría da Virxe da Barca, a Festa das Festas na Costa da Morte.
Unha festa que paraliza a toda a bisbarra, e dende Malpica ata Muros soben ata Muxía para disfrutar da festa que pecha o verán. Serán 4 días, de venres 13 a luns 16, de devoción e troula, de fe e festa.

E paralelamente, e de sábado a martes, temos tamén as Festas da Barquiña de Ponteceso.

Pendentes estamos das Festas de Carnota, que en principio se manteñen a pesar dos incendios. Así, o venres coa V Festa da Queimada e sábado e domingo a golpe de verbena.

Para o venres temos outras citas culturais, como a inauguración dunha exposición no Faro Fisterra sobre a Cidade e os Barcos pola tarde tarde, e varias citas musicais, como o Solpor GastroCultural da Eira, en Ponteceso, o concerto de Emilio Rúa na Ventana de Laxe e o concerto de Killer Cats en Carballo.
Tamén en clave musical temos cita cunha curiosa cea cósmica en Sardiñeiro.

E o sábado temos dúas citas tremendamente interesantes. Por un lado toca a 1ª etapa do Camiño dos Faros que unirá Malpica con Niñóns, e polo outro haberá unha interesante xornada de voluntariado arqueolóxico nas Croas de Niñóns, Ponteceso.

E para o domingo, toca volver achegarse ata as Pedras da Barca, no día grande das festas, a intentar facer abalar as pedra homónima ou colarse 9 veces por embaixo da Pedra dos Cadrís.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios