Unha completísima #AxendaCostadaMorte para pechar un precioso agosto


E chega a última fin de semana de agosto, e o fai chea de cousas que facer, con visitas guiadas aos bens patrimoniais e naturais, con roteiros e como non, con moitas festas.
Pero antes, o parte costeiros dos amigos de 4gotas.
O venres aínda será un día de calor e podería formarse algunha treboada no interior da Costa pola tarde. Non deberían afectar ao litoral. O sábado baixan as temperaturas alternarán as nubes e os claros e iranse cubrindo os ceos a medida que avance o día. Choverá, feble, na madrugada de sábado a domingo, algo podería quedar a primeira hora do domingo para deixar un mediodía con apertura de claros e unha tarde de sol.
Xa vedes que haberá un pouco de todo. Seguramente un venres de praia, unha mañá e mediodía de sábado que tamén se poderá aproveitar e posiblemente a tarde do domingo tamén.
Por se queredes saber porqué as veces non é tan fiable o prognóstico coma noutras, podedes ver esta nova en 4gotas.com
Festas
- Festas do Val do Sardiñeiro. De venres a domingo, verbenas no Campo de Suarriba.
- Festa Galega en Mapica e Feira Medieval Mariñeira: a música galega será protagonista venres e sábado en Malpica con nomes como Xabier Díaz ou Mercedes Peón, ademais da feira medieval mariñeira que durará ata o domingo.
- Festas en Nantón: A vila cabanesa celebra o seu Carme venres e sábado.
- Ruta nocturna polos Petroglifos de Corme: O 27 de agosto, fermosa ruta nocturna polos petroglifos de Corme-Ponteceso.
- As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
- O Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
- O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas.
- Visita nocturna por Muros: a proposta AugaeSal inclúe un concerto instrumental de artistas emerxentes locais (o pianista Miguel Rey, o guitarrista Alberte Romero ou a tamén pianista Tamara Castro), combinada cunha visita nocturna guiada polos tesouros do casco vello muradán, mesmo con subida a torre, para disfrutar dunhas vistas inmellorables.
- Continúa en Vimianzo o programa de visitas guiadas bautizado como Historia Viva. Este 27 de agosto toca O outro medievo de Vimianzo. O elemento máis coñecido da Idade Media é o castelo, pero Vimianzo ten moitos máis segredos da época que visitar. Coñece o románico de Tines e Treos, o gótico dun dos cruceiros máis antigos de Galicia, a historia da cruz milenaria de Serramo e vixía os camiños desde San Bartolo e o Bico dos Xentís. Os adultos terán que pagar 3€ mentras que os nenos e nenas van gratis.
- Observación astronómica con Jorge Mira: Jorge Mira presentará o seu libro e nos levará polo Chan das Lagoas este venres 26 de agosto para ver as estrelas.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica “Asunción, María e Jose” de Marcos Rodríguez.
- A sala de exposicións do faro Vilán acolle durante todo o mes de agosto a exposición de esculturas de Javier Lavandeira. A mostra pode visitarse en horario de 11 a 21 horas.
- O Cárcere Vello de Corcubión acolle ata o 31 de agosto a exposición “Unha ollada aos barcos e o mar” organizada polo concello de Corcubión e Asociación Galega de Fotografía Naval.
- O salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle ata o vindeiro 7 de setembro unha exposición dos cadros de Yoshiro Tachibana, falecido recentemente.
- Iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro. O sábado 27 de 23:00h a 0:00h, espectacular iluminación na cascada.
- Muros do Nordés: Iniciativa cultural en Muxía que fará dos muros da vila lienzos para que artistas locais demostren a súa arte. De venres a domingo pola vila da Barca.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)