Unha noite co Apalpador
Xa o comentaba Juan Mayo a través do noso Facebook: "ten bemoles a cousa: que coñeza ó Olentzero e que nunca oira do Apalpador..." A verdade é que non acaba instalarse na nosa realidade de nadal a figura deste carboeiro, que baixa pola noite dende as aldeas do Courel, do Cebreiro e do Val de Lóuzar, para apalpar as barriguiñas dos cativos de todo o país e deixar castañas aos que máis baleira a teñan.
Ben fermosa que é a súa historia, pero sen embargo a súa recuperación tradicional está sendo protagonizada polos colectivos sociais máis comprometidos co país, como varios SNL da zona que xa llo presentaron aos Reis Magos.
I é que o rescate da figura do Apalpador vai ligada á reivindicación dun nadal menos consumista, un Nadal alternativo no que priman os valores aos regalos. O mero feito de substituir a Papa Noel por este persoeiro da terra fala por si só.
Na liña do consumismo, dende Santiago de Compostela, 7 organizacións ecoloxistas e sociais veñen de presentar un Mercado Alternativo polo nadal, co grande obxectivo de "Consumir menos, vivir mellor".
Xa ten presencia por Santa Comba
Aquí vos deixamos cunha adaptación libre da historia do Apalpador de Xoán González Otero realizada polos alumnos de 2º Ciclo do Ceip Barrié de la Maza-Santa Comba.
Máis información sobre o Apalpador
- O blogue do Apalpador.
- Especiais do Apalpador no PGL.
- Fundación Artabria: Descargar Monicreque do Apalpador.
- Fundación Artabria: Descargar recortable do Apalpador.
- "Vitaminas para o galego": Convírtete nun mecenas dos medios en galego.
- Os Reis Magos coñecen ao Apalpador.
- Un regalo solidario de Nadal con Aspadex.
- Todos os programas culturais de Nadal dos Concellos da Costa da Morte.
- Redacción de QPC ([email protected]).