Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Nadal prende ilusión na Costa da Morte

O Nadal prende ilusión na Costa da Morte

Xa vimos como a solidariedade crece entre a veciñanza en tempos de Nadal. A historia de Lidia e Jose e a resposta da comunidade QPC así o reflicte. Pero son moitos máis os valores que afloran nestes tempos de alegría, devoción e consumismo, que tampouco o podemos esquencer.

Así e todo, ademais de recoller todos os Programas Culturais de Nadal que puidemos colleitar (hai concellos que nin se preocupan de difundir o seu programa...), a pesar de non haber nin o primeiro que recolla a figura do Apalpador, imos facendo un repaso de como se están a desenvolver estas primeiras datas festivas.

Un Nadal para nenos en Carnota

É o Concello de Carnota un dos que máis volcado está coas festas, e cos cativos. Unha das actividades estrella é o V Concurso de Postais de Nadal. Os alumnos de primaria do Concello enviaron as súas postais, e houbo 6 finalistas: Uxía Piñeiro Lago (1º curso, CEIP do Pindo), Paula Allo Lado (2º curso, CEIP de Carnota), Francisco Rodríguez Maceiras (3º curso, CEIP de Carnota), Adrián Luaces Fernández (4º curso, CEIP de Carnota), Lucía Caamaño Chouza (5º curso, CEIP de Carnota) e Ángel Sestayo León (5º curso, CEIP de Carnota).
Finalmente a tarxeta elixida como gañadora de entre todas as finalistas foi a deseñada por Uxía Piñeiro Lago. Así Concello para felicitar as festas de Nadal a toda a veciñanza e que foi distribuída entre os participantes baixo a forma de marcapáxinas.

Non faltaron os Paxes das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Trátase de tres paxes reais, que se presentaron con vestimentas de cor verde, sinxelas e sen moita ornamentación, e traían unha caixa de cor dourada para que os nenos e as nenas depositasen nela as súas peticións.
Percorreron todo o municipio, empezando pola visita aos máis pequenos no Punto de Atención á Infancia, situado en Lira. Despois pasaron por todas as aulas dos centros escolares, recollendo as cartas do alumnado e deixándolles a cambio uns caramelos. Ían acompañados dunha tradutora de árabe que lles acercaba as peticións dos pequenos, entusiasmados coa súa presenza.
Agora tocará esperar até o día 5 de xaneiro á noite, para ver se se cumpren os desexos dos cativos.

Ademais, a proposta dos Venres Lúdicos está máis viva que nunca. O pasado venres, os cativos que asistiron aos Venres Lúdicos fixeron unhas preciosas figuriñas para o Belén con plastilina: San Xosé, a Virxe, o neno Xesús, os Reis Magos, ovellas, coellos…
Unha vez elaboradas as figuras, montaron o Belén, colocando cada peza no seu lugar e decoraron a árbore de Nadal. Para finalizar, expuxeron os seus traballos na entrada do Concello para abraiar a todo o mundo co bonito que quedou.

O Nadal tamén abriu en Laxe con Panxoliñas

As actividades programadas para este Nadal dende a Área de Cultura do Concello de Laxe deron comezo o sábado pasado coa oitava edición do Festival de Panxoliñas levado a cabo na Igrexa parroquial de Santa María da Atalaia con grande éxito de audiencia. Proseguiron coa visita de Papá Noel e o seu Elfo onte, día 19 de decembro, ó alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria tanto das escolas unitarias coma do Cabo da Área.

O Nadal Cultural está que non para en Fisterra

Despois de moitas fins de semana de actividade na Vila do Cristo, teatro, titeres, talleres, mostras, videoconferencias... o pasado venres e sábado as mulleres e homes de Fisterra foron os encargados de elaborar eles mesmos un fermoso e orixinal centro de nadal para decorar as súas mesas nestes días tan especiais de nadal. Seguro que ese vai a ser o mellor adorno das súas casas neste nadal, feito polas súas propias mans.

Pero mentres tanto os cativos poideron desfrutar dunha mañá de sábado de contacontos de nadal onde os máis pequenos e os seus pais e familiares participaron no mesmo con moitísimo humor. A actividade ven das mans da compañía Duendesico cun repertorio navideño e animación infantil.

Nadal para cativos en Zas

Pola súa banda, os nenos de Ed. infantil e do 1º ciclo de ed. primaria do CPI de Zas recibiron esta semana a visita de Papá Noel, que lles deixou caramelos e regalos ademais de compartir uns momentos con eles, a pesares da apertada axenda que ten para estes días. Os máis pequenos disfrutaron coa visita e non perderon a ocasión de recordarlle as súas peticións para estas festas.

Novas relacionadas

Programas de Nadal na Costa da Morte

Fonte

Comentarios