![]()
Coa programación da
Rúa dos Contos, este venres arranca a
XXVII edición do Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT). Cúmprense xa 20 anos deste programa paralelo que naciu co obxectivo de buscar novos espectadores e potenciais afeccionados ao teatro. Co obxectivo cumprido, o día 28 terán lugar as primeiras representacións da 20ª edición da Rúa dos Contos con dúas citas.
A primeria delas será na cafetería Colón ás 22:00 horas onde o monologuista galego Avelino Álvarez relatará os seus
"Contos de contrabando" nun espectáculo recomendado para maiores de idade. E un pouco máis tarde, Marcos Pereiro expoñerá no Mesón do Polbo
"Como ser armario encaixado".
Ao día seguinte, sábado día 29, á unha do mediodía e para todos os públicos, no Mesón A Cabana tócalle quenda a Peter Punk:
"En cru", espectáculo multidisciplinar con malabares, acrobacia, lume e risas, moitas risas. E á medianoite, no Bulevar Music Café e só para maiores de idade, Víctor Grande presenta o seu novo espectáculo
"A vida pasa voando".
Mercado municipal
O sábado día 29 tamén terá lugar a primeira das representacións programadas no Mercado Municipal, ás nove da noite e para todos os públicos Manoliño Nguema ofrecerá
"Ngoan ntangan, dous mundos que se tocan": Guinea Ecuatorial e Galicia.
E xa o domingo, día 30, á unha do mediodía no Casino 1889 está programada para todos os públicos
"Regueifa 2.0", con Lupe Branco e Bieito Lobariñas.
Todos os espectáculos son de balde, agás o convocado á medianoite do venres no Mesón do Pulpo (5 euros) e a función no Mercado Municipal (3 euros). O aforo é limitado e as entradas débense adquirir antes de empezar a función nos propios establecementos.
Para o seguinte fin de semana, o primeiro de outubro (5, 6 e 7) a Rúa dos Contos ten programados outros cinco espectáculos mais a sesión do sábado no Mercado Municipal.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-fiot-recibe-o-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/
“41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa
“Lolita trae ao FIOT a súa obra de teatro “Freda”” — Que pasa na costa
“A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra “Crimen y Telón”” — Que pasa na costa
“Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán” — Que pasa na costa
“O FIOT premia a Manuel Lourenzo co Xograr de Outono 2018” — Que pasa na costa
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- FIOT