Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Unha variada e completa #AxendaCostadaMorte dálle a xuño

Unha variada e completa #AxendaCostadaMorte dálle a xuño
axenda cultural costa da morte xuno 2016 Música, deporte, literatura, teatro, arte urbana,... son os principais ingredintes da primeira #AxendaCostadaMorte do mes de xuño. Unha axenda que tamén virá marcada polo tempo que, segundo o parte costeiro de 4gotas.com, mudará con respecto aos últimos días. "Unha borrasca comeza a achegarse hoxe á Costa da Morte. Non será quen de aproximarse o suficiente como para que afecten as súas frontes asociadas e chegue a chuvia, pero si que provocará un cambio no vento e un cambio na situación meteorolóxica. Hoxe notarase en forma de brétemas. Xa desde a mañá afectarán ao litoral entre Muros e Fisterra e a partir do mediodía entrarán na ría de Muros e Noia e tamén acabarán chegando ata Malpica. Provocarán un descenso das temperaturas. No interior da Costa lucirá o sol e non se enterarán destas néboas marítimas. Na noite de hoxe entrarán as néboas cara o interior. Serán moi densas, mesmo orballará na madrugada a na mañá do sábado. A partir do mediodía do sábado iranse abrindo claros, pero poucos, xa que seguirá a entrar humidade desde o mar. Canto máis cara Malpica máis claros e menos se notará a baixada das temperaturas. O domingo tamén amencerá con néboa. Semella que menos densa e deixará unha xornada de nubes e claros con máximas aorredor dos 18-20ºC e xa cara a o noite volverá a orballar". Rexenera Fest
  • Carballo é estes días a capital da arte urbana. Esta fin de semana continúa o Rexenera Fest con varias actividades paralelas. Hoxe continúa a masterclass de iniciación á arte mura impartida por Cestola na Cachola. Mañá, mesa redonda con representantes de destacados festivais; microconferencias e un concerto da sala Dublín a partir das 22:30 horas. O Rexenera Fest remata o domingo cun roteiro guiado polas obras creadas durante o festival.
Carrilanas de Trasouteiro
  • O lugar de Trasouteiro, en Vimianzo, acolle mañá a frenética baixada das carrilanas. A competición, que se celebra de forma continuada dende hai 25 anos, comeza ás 16:30 horas coa primeria quenda de clasificación. O mal tempo impediu que o campionato se celebrase o 14 de maio, tal e como estaba previsto.
Teatro Roteiros gastronómicos e deportivos
  • Continúa esta fin de semana o Carballo por Etapas. Dende hoxe e atoa o domingo, vinte locais hostaleiros da vila ofrecen tapas das 12 ás 14 horas e das 20 ás 22 horas. Repartirán máis de 940€ en premios directos.
  • As Andainas Coñece a Costa da Morte chegan a Vimianzo. Os camiñantes percorrerán mañá 12 quilómetros polo curso do río Grande. A expedición parte dos Batáns do Mosquetín e chegará ata Vimianzo.
  • III carreira pedestre Concello de Zas. Este sábado máis de 500 corredores daranse cita en Zas na III carreira pedestre incluída dento do III circuito de carreiras populares correndo pola Costa da Morte.
Presentacións Concertos
  • Chega ao seu fin o Curruncho Pop da biblioteca Rego da Balsa. O último concerto da tempada terá lugar mañá, 4 de xuño, ás 20:30 horas da man de Rafael Berrío e Luis Rivera.
  • Los Claretes veñen mañá ao Celme Café de Vimianzo para pechar (ata o mes de outubro) a tempada de concertos que ofrece o local vimiancés. A boa música comeza a partir das 23:55 horas.
  • O Woodstock Café de Cee acolle mañá a partir das 23 horas o concerto de Route 552, a nova banda ceense de versións formada por de Alan Louzán, Ángel García, Luís Ares e Abel Morenza.
Verbeneo Outras citas Fonte

Comentarios