Valencia non é de Coristanco
Xa estivemos repasando a toponimia de Cabana e de Ponteceso coa Mesa de Normalización de Bergantiños. Hoxe imos ata Coristanco, onde a entidade vén de identificar trinta e tres topónimos deturpados nos seus carteis indicativos. E así entregaron un documento no Concello esixindo a corrección de todos os topónimos do concello, tanto na rotulación pública como na páxina web do concello, que non se corresponden coa súa forma propia e oficial.
A asociación en defensa do idioma denuncia que o Concello de Coristanco substitúe o topónimo “Valenza” pola súa forma deturpada “Valencia” na rotulación pública.
En total identificou uns trinta e tres rótulos con nomes de lugares que non se axustan á súa única forma oficial e válida: Vieite (Bieite), Riveiro (O Ribeiro), Erbelleira (A Ervelleira), Edrada (A Hedrada), Abellariza (A Abellariza), Rabadeira (A Rabadeira)... Alén diso, denunciou que o concello de Coristanco difunde na súa páxina web nomes de lugar incorrectos, algúns deles “traducidos” ao castelán como “Iglesia” (A Igrexa), “Iglesiario” (O Igrexario), e usa indistintamente “Valenza” e “Valencia”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Mesa de Bergantiños.