Variedade de citas na #AxendaCostadaMorte

08:15 19/08/16

- Malpica celebra esta fin de semana as festas do Mar. As celebracións comenzan hoxe cos pasarrúas dende as 11 horas que darán paso á sesión vermú co Dúo de Festa. Á noite amenizarán a verbena as orquestas Marbella e Palladium. Mañá sábado o Dúo Diamante amenizará os bailes da misa e pola tarde, a partir das 19 horas, haberá batucada polas rúas da vila. A verbena chegará da man das orquestas Venecia e do Combo Dominicano. Xa o domingo, o Tren da Unha encargarase da sesión vermú e ás 17 horas terá lugar a procesión marítima. A partir das 21 horas comezará a verbena a cargo do grupo Bomba.
- Na Ponte do Porto haberá esta noite unha verbena da man da orquesta Trebol e da disco móbil Impacto para celebrar as festas do san Roque.
- En Santa Sabiña - Santa Comba - os actos relixiosos e a música combinaranse para celebrar o san Lois.
- A parroquia de Moraime - Muxía - celebra mañá sábado as festas do San Roque. Os actos comezarán xa pola mañá onde non faltará os oficios relixiosos. actividades para os máis pequenos e moita música coa orquesta D`Moda e Ciclón como pratos fortes.
- En Olveira - Dumbría - celebran o domingo as festa na honra á virxe do Carme. A sesión vermú correrá a cargo de Nueva Fuerza que compartirá escenario á noite coa disco móbil CDC.
- As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
- O Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
- O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas.
- Continúa en Vimianzo o programa de visitas guiadas bautizado como Historia Viva. Nesta ocasión, o roteiro comeza ás 20:30 horas - cos últimos raios do sol - para visitar os petroglifos de Boallo, o túmulo megalítico da Arquiña de Vilaseco e coñecer a lendaria Pedra do Frade. A saída é do castelo de Vimianzo.
- Concerto e visita nortuna en Muros. O guitarrista Alberte Romero ofrece hoxe un concerto, a partir das 22 horas, e a continuación terá lugar unha visita nocturna guiada polo casco vello muradán.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica “Asunción, María e Jose” de Marcos Rodríguez.
- A sala de exposicións do faro Vilán acolle durante todo o mes de agosto a exposición de esculturas de Javier Lavandeira. A mostra pode visitarse en horario de 11 a 21 horas.
- O Cárcere Vello de Corcubión acolle ata o 31 de agosto a exposición “Unha ollada aos barcos e o mar” organizada polo concello de Corcubión e Asociación Galega de Fotografía Naval.
- O salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle ata o vindeiro 7 de setembro unha exposición dos cadros de Yoshiro Tachibana, falecido recentemente.
- Hoxe arranca en Cee a II semana de teatro e das artes escénicas bautizada baixo lema “Á esCEEna”. Durante sete días, pasarán polo auditorio Baldomero Cores varias compañías do panorama galego.
- Concerto de Ses en Carballo. A praza do concello acolle hoxe, ás 22 horas, un concerto de María Xosé Silvar e da súa banda. Alí soarán traballos do seu último disco, Tronzar os Valos, así como dos outros dous anteriores.
- O concurso de Barcanas e Castelos de Area abre hoxe as Festas do Mar de Malpica. O campionato terá lugar entre as 11 e as 13 horas na praia de Area Maior da vila.
- Eco-mercado en Fornelos (Baio-Zas). Os productos da horta e a artesanía danse cita durante todo o día no campo da Fonte de Fornelos.
- Contacontos en Cee. Mañá sábado, ás 11:30 horas, terá lugar na praza 8 de Marzo de Cee a representación do contacontos "Contos vellos para rapaces novos". Esta actividade está dirixida a nenos e nenas entre 5 e 10 anos.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)