Varios grupos participan nunha foliada solidaria para reclamar un "monte vivo"
          
    07:06 15/11/17 
            
A sala Dublín de Carballo acolle este venres, día 17, unha foliada solidaria na que participarán varios grupos da zona para reclamar un "monte vivo" despois da recente vaga de incendios forestais que arrasou unha boa parte da comunidade galega.
O evento está organizado a través da plataforma pola Defensa de Monte Neme no marco dos Concertos Expansivos por un Monte Vivo que consisten nunha serie de actos e concertos solidarios simultáneos que se celebraran por toda Galiza para concienciar ao público xeral do problema dos lumes.
A entrada conleva unha aportación voluntaria de 3€ que serán integramente destinados para accións e proxectos pedagóxicos e de recuperación dos espazos afectados polos lumes do mes pasado que están a realizar entidades desas zonas afectadas e colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra ou Adega.
Novas relacionadas
- A Garda Civil pide colaboración na identificación de culpables polos lumes.
 - Onde está a orixe da vaga de incendios?.
 - Outubro 17: Detido un reincidente por causar un incendio cos seus fogos artificiais tralas Festas dos Remedios de Corme.
 - Setembro 2017: Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais.
 - Agosto 2017: Investigan o dono dunha pirotecnia por un incendio forestal
 - Agosto 2017: A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais.
 - Agosto 2017: Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016.
 
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
 - A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 - Plataforma Monte Neme