Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vinde ver Carnota por Semana Santa

Vinde ver Carnota por Semana Santa

A Semana Santa de Carnota chega completa completa. Artesanía, feira ecolóxica, charlas, Ruta BTT, e ata reunión de autocaravanas protagonizarán a longa ponte santa.

Sen dúbidas, a I Mostra de Promoción Local Víndemo ver será un escaparate perfecto para coñecer Carnota cunha axenda de catro días pragados de actividades de lecer, cultura e sobre todo promoción dos valores dun concello que o ten todo para converterse nun reclamo nacional.

Coñecendo o Monte Pindo

Tamén estarán presentes os membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Presentarán o sábado 7 de abril ás 17 horas no Salón de Actos do Concello coa Proxección do documental "Sendeiros ocultos: Roteiro á Moa". Posteriormente teremos unha Charla-coloquio cun convidado que forma parte do órgano de xestión dun parque natural galego.
Xa o domingo 8 de abril, toca Subida ao Monte Pindo acompañados por diversos expertos, que partirá ás 10:00 horas do adro da Igrexa do Pindo, e á que está todo o mundo convidado.

Charlas agrícolas

O pobo debatirá sobre a necesidade de revitalizar o agro, unhas das propostas do actual Concello carnotán.

O xoves 5 de abril ás 20:00h, o Salón de Plenos do Concello carnotán acollerá a charla de Mari Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Unha charla que repasará unha problemática real nos tempos que corre: "A Terra agraria para alimentos ou para enerxía? Por que apostamos?"

Ademais, o venres 6 de abril, ás 20:00h, unha mesa redonda servirá para debatir sobre as diferentes experiencias no ámbito agrario. A primeira experiencia será a que conten os propios Xosé Manuel Casais e Lucía Ferreira, responsables da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, a primeira cooperativa ecolóxica da Costa da Morte, que leva varios anos en loita.

De contado, será Miguel Méndez, da "Horta Miguel e Lidia", e Pura Seoane, da "Hortesan de Vedra", os que expoñan as súas experiencias na terra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios