Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vinte venres para cargar a batería cultural

Vinte venres para cargar a batería cultural
Venres Culturais Carballo 2016

Co comezo de ano doble programa cultural para a capital carballesa. Un ano máis, o Concello de Carballo presenta o programa Venres Culturais 2016 que se desenvolverá en Carballo entre xaneiro e marzo. Ademais, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo tamén presentou o seu plan de actividades de xaneiro, febreiro e marzo.

En total, 45 citas para estes 3 meses do ano.

   

20 Venres Culturais

Venres Culturais Carballo 2016 1

20 citas no Pazo da Cultura e na Biblioteca Rego da Balsa entre o 29 de xaneiro e o 18 de marzo demostran o poder deste programa. Teatro, teatro infantil, música, exposicións, cine… unha marea de ideas para pasar o inverno a gusto.

Cómpre destacar a primeira cita como é a estrea de Teatro do Noroeste este venres 4 de marzo do seu novo “Palabras Malditas” mesmo antes de ir a Madrid. Tamén teremos a última proposta galega vén da man de Talía Teatro e de "Foucellas", xa en marzo e para pechar o programa.
Uxía ou Magín Blanco serán algúns dos protagonistas do Ciclo En Familia.
En clave musical, ollo co RockCarballo do 26 de febreiro, con oito grupos do municipio que aproveitan este festival para dar renda solta á súa creatividade e amosar a súa diversidade musical.

Xaneiro nos Venres Culturais de Carballo Febreiro nos Venres Culturais de Carballo 2016 Marzo nos Venrs Culturais de Carballo 2016

Ademais, teremos 4 exposicións. En febreiro chega a mostra colectiva "Miradas 4”. E en marzo, as imaxes do XVIII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís.

Exposicions dos Venres Culturais de Carballo 2016

Aquí tendes máis información sobre as entradas e os abonos.

 

25 citas coa #ABiblioPréstame

Xaneiro arrincou con Trinke Trinke, pero a actividade non descansa. Este martes xa temos lío co Faladoiro Xuntos no Camiño, con Witericos, a partir das 19:00h. Volve ademais o programa “Pais e Nais contan”, ese exitoso evento que convirte aos pais e nais en contacontos. A cita o mércores 20 ás 18:00h.

O venres 22 terá lugar a proxección de “Imagine Elephants”, e posterior debate da man d asociación “A Beira dos Miúdos”, un documental sobre educación, motivación e desenvolvemento infantil; que afonda na importancia do xogo espontáneo nas etapas iniciais da vida.
O mércores 27 toca Contacontos teatral de TrinkeTrinke, con sesión dobre: 17:30 e 19:00.

E pensando nos maiores pechará xaneiro Manuel Rivas, presentando “O Último Día de Terranova”, as 20:00h.

Febreiro comezará coa nova edición do concurso fotográfico “biblionamórame. Estade atentos que pronto publicaremos nas nosas redes sociais cómo podedes participar nel. As tardes semaias serán de obradoiros.

Senda Nova tamén prepara varias citas, como o Faladoiro do xoves 4 sobre o Amazonas, con exposición fotográfica, unhas narracións de Roberto Rivas e Helena Samamede.
Tamén terá protagonismo o martes 16 de febreiro, a blogueira Gemma Carballeira co seu blog “My dreams of seams” que nos falará de estilo de vida saudable, moda, como levar un blog, comercio electrónico…

Marzo comezará tamén con sabor amazónico e un ocumental. Terá varias presentación, obradoiros, proxeccións, e faladoiros con María Lema, creativa de Camiñando polas Estrelas nos explicará como foi o seu “camiño, para chegar a crear as súas esculturas relacionadas co Camiño de Santiago.

BibioPrestame de Carballo xaneiro-febreiro-marzo 2016

Fonte

Comentarios