Volven as festas á #AxendaCostadaMorte

08:15 05/05/17

Festas
- A localidade vimiancesa de Santa Irene celebra tres días de festa na honra da súa patrona. Os festexos comezan hoe coa festa do pulpo amenizada polo grupo Ciclón e a discoteca móvil CDC. Mañá tamén haberá actos relixiosos e verbena da man da orquesta Alaska e coa atracción de La Década Prodigiosa. E xa o domingo, actuará o dúo Élite e os grupos de baile de Salto.
- As festas de San Cruz de Serramo - en Vimianzo - chegan mañá con varios actos litúrxicos e con sesión vermú e verbena coas orquestras Cinema e Samba.
- III Festa da Amizade en Sardiñeiro. O grupo Ciclón será o encargado de amenizar a verbena que comeza ás 22 horas.
Teatro
- Mañá volve ao auditorio de Zas o terceiro espectáculo que se enmarca dentro da II Mostra Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas. A función correrá a cargo de Martabelas - asociación teenses pola igualdade (Teo) que trae a súa obra "Dez baixo cero". A función, que é gratuita, comeza ás 21 horas e está dirixida a público maior de 7 anos.
- Teatro Infantil en Vimianzo. A casa da Cultura de Vimianzo acolle este domingo, ás 18:30 horas, o espectáculo infantil "Fabaloba. A casa encantada de Alí". A entrada é de balde.
Rutas de sendeirismo
- Senda Nova percorre este domingo a “Ruta das Mámoas” que discorre polo concello de Cabana. Este roteiro – de 16 quilómetros de distancia – enmárcase dentro da 8ª edición da Primavera en Ruta.
- As Andainas Costa da Morte percorren mañá o municipio de Camariñas cun roteiro circular que vai "De costa a costa".
Primavera en Danza
- O domingo remata a 15ª edición da Primavera en Danza de Carballo co espectáculo Oskara, da compañía vasca Kukai Dantza Banaketa. A cita comeza ás 20 horas no pazo da Cultura.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e doming de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Exposición no Museo do Alemán. Do 12 de abril ao 1 de maio o Museo do Alemán (Camelle) acolle a exposición “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.
Gastronomía
- Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
Outras citas
- Dentro do programa Reláxese esta fin de semana haberá en Laxe varias actividades relacionadas coa ornitoloxía. A primeira delas será hoxe, ás 19 horas, cunha conferencia de Antonio Sandoval Rey. E xa mañá, ás 11 horas, haberá un avistamento de aves no Espazo Natural de Traba guiado por Cosme Damián Cousido.
- O casino de Carallo acolle hoxe, ás 20 horas, a presentación do libro "De Arsenio a Arsenio, 22 anos de historia deportivista" de Xan Fraga e editado por Phottic.
- Monólogo en Cee. O auditorio da casa da Cultura acolle os monólogos R. Ao escenario subirase Sergio Pazos, coma mestre de cerimonias, para presentar a Víctor Grande e a Pepo Suevos.
- Charlas sobre Baldomero Cores. O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, será o encargado de abrir mañá o ciclo de conferencias que homenaxearán a Baldomero Cores. E o domingo, Víctor Manuel Castiñeira será o encargado de falar sobre o homaxeado.
- Festa dos maiores de Zas. O pavillón municipal de Zas acolle este sábado o tradicional Xantar dos Maiores. A cita comeza ás 12:30 horas.
- Presentación dun libro en Mazaricos. A veciña mazaricá Mari Carmen Rey Núñez presenta a súa primeira novela, Escapados, o domingo, na súa casa.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)