Xullo entra con forza na #AxendaCostadaMorte

04:15 30/06/17

Festas
- En Nantón (Cabana de Bergantiños) celebran hoxe e mañá as festas na honra de san Pedro. Hoxe o Combo Dominicano e a disco móbil Fabrik amenizarán a verbena e mañá será o turno de Judith Cundíns e Impacto disco móbil.
- A parroquia laxense de Serantes vivirá tres días de festas do Rosario. Churrascada, orquesta Trébol, trío Jovi,... son algúns dos destacados do cartel.
- En Neaño (Cabana de Bergantiños) celebra hoxe, mañá e o domingo as festas da parroquia nas que a música será unha das principais protagonistas.
- A parroquia de Oca, en Coristanco, celebra as súas festas mañá o domingo nas que contarán coas actuacións de Metrópolis e dous dúos.
- Na parroquia vimiancesa de Tines están sábado de celebracións na honra de san Antonio. Contarán coas actuacións de Nebraska e da discoteca móvil CDC.
Asalto ao Castelo
- Vimianzo vive este sábado a XXII edición do Asalto ao Castelo cun cartel cargado de actividades que culminan cun gran concerto. Durante todo o día haberá pinchos irmandiños, o Asaltiño, o Desfile das Irmandades Parroquiais, feira de artesanía,... e moito máis!
Fisterra Blues Experiencie
- O mellor do blues galego, nacional e internacional danse cita hoxe e mañá en Fisterra no marco do Fisterra Blues Experiencie que, ademais, trae unha gran cantidade de actividades paralelas.
Rockin'
- Mañá volve a Carballo o Rockin'; un festival de música alternativa que nesta edición homenaxea a Jimi Hendrix. Dende as 13 horas actuarán Paul Collins, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Bala, Familia Caamagno, Chico Azul, Bento Veloso & Los Doce Trinches, Psychofonia. A entrada é de balde.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos de xullo e agosto, ás 13 ás 17 horas Roi e Elvira conducirán as visitas guiadas teatralizadas do Castelo de Vimianzo.
- As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
Outras citas
- Concerto en Laxe. O gastrobar A Ventana acolle hoxe, a partir das 23:30 horas, un concerto de Andhrea and The Black Cats. A música en directo volve á Ventana o domingo á noite con Bosco.
- Festa Africana en Mazaricos. O recinto da feira da Picota acolle mañá sábado, a partir das 12:3o horas, a IX festa africana organizada pola ONG Egueire.
- Percorrido poético “Amable Ponteceso”. As librerías do concello de Ponteceso acollen este sábado un peculiar recital poético musical.
- Concerto en Fisterra. O Calma Chicha Beach Bar abre as portas de Almáminal, a banda costeira de moda. A cita é este domingo a partir das 13 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)