luns. 11.11.2024
El tiempo

“Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”

“Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”
Isidro, Chema Rei, Manín co fillo de Isidro xa campión co Cee, Chisco, Carlos Lema, Cambeiro e Jorge Domínguez, persoeiros do Fútbol costeiro no Ribeiro de Corcubión

Seguen Lema Xosé Mª Rei LemaChema Rei percorrendo a bisbarra co seu libro dos “50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)”. Esta pasada fin de semana tocaron paradas en Ponteceso, e mais en Corcubión.

Emotiva foi a xuntanza na Taberna O Ribeiro, con varios mitos do fútbol costeiro. Xentes como Manín, un dos 3 mellores xogadores da historia do Fútbol costeiro segundo unha colleita celebrada en 2003, que ademais contou anécdotas tremendamente simpáticas. Estivo tamén Alfredo Cambeiro, un xogador que chegou ao Celta e hoxe santo e seña do Carnota. Estivo a directiva do Corcubión, e dous dos xogadores máis lonxevos da historia do fútbol costeiro, José Carlos, o actual presi do Cee, que non deixou as luvas ata os 46, e Chisco, actual alcalde que ocupou o lateral esquerdo do cadro corcubionés ata os 47. E aínda estaría para volver ao campo. Estivo tamén Isidro, o máximo goleador da historia da Liga da Costa co seu histórico Cee, e o fisterrán Bebeto quixo achegarse tamén para coñecer aos autores que puxeron o seu alcume como exemplo de como funciona esto de poñer nomes no fútbol da Costa.

Non falou outro mito, Calabanda, presente en moitas das historias que compartiron Manín e o propio Lema Suárez, que recordou que el tamén foi futbolista do Baio, mesmo escollido no mellor 11 da historia baiesa. Non así Chema, que lle recordou a Manín que foi el quen o xubilou aínda en xuvenís… Iso si. ambos recoñeceron que a chegada de Manín a Baio significou un antes e un despois no equipo.

Os autores deron conta da complexidade para rematar unha tremenda enciclopedia coma esta, que completa o libro do ano 89 sobre a historia do Baio, e é perfectamente compatible co ”Mar de Paixón” de Luís Porto e Héctor Pose, moito máis gráfico. Este libro baiés servirá de enciclopedia, que arrinca nos anos 20, falando mesmo do muxián Ramón Caamaño, porteiro no equipo muxián “Buserán”, que pode ser coñecido como o primeiro cronista da historia do Fútbol costeiro. “Sempre se destacaba a si mesmo”, aseguran os autores.

Percorre o libro ano a ano os 52 anos de historia da Liga da Costa, e tamén polas 60 vilas con equipos costeiros. 60 vilas que teñen creado unha lenda, un mito en Galicia, sobre a relevancia do noso fútbol modesto. E precisamente esa foi unha das grandes ideas da tarde. “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa” remataba Lema Suárez.

Onde podes atopar o libro?

Son xa varias as librerías nas que está á venda o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)” e durante os vindeiros días iranse ampliando.
  • BAIO:
    - Librería Artigas (Avda. Vidal Ríos, s/n)
    - Librería Torre Penedo (R/ Mestre Platas, s/n).
  • CARBALLO:
    - Librería Brañas (R/ Gran Vía nº 79).
  • CORCUBIÓN:
    - Chuminadas (Campo do Rollo).
    - Kiosco Rosalía (Praza de Castelao).
  • PONTECESO:
    - A Tenda dos Libros (Avda de Anllóns nº 2).
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA
    - Libraría Couceiro (Praza de Cervantes nº 6) - Libraría Pedreira (R/ Home Santo nº 55).
  • VIMIANZO:
    - Librería Roget (Praza do Concello nº 2).
  • ZAS:
    - Librería Acuarela (Estrada de Santiago nº 33).
  • ARTEIXO:
    - Libraría Á lus do candil (R/Historiador Verdía).

A obra

Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez 2 Falamos dunha obra que esixiu anos de investigación nas hemerotecas dos xornais. Son 608 páxinas, 481 ilustracións (entre fotos, debuxos etc.) e uns 400 cadros sinópticos. Hai comentarios de cada temporada, pero tamén divertivas anécdotas. O libro comprende moitos máis anos cós 50 oficiais (federados) que se anuncian, pois leva unha novidosa “prehistoria” do fubol (daquela así pronunciado) costeiro das décadas de 1920 e 1930; tamén se contemplan as décadas de “historia antiga” dos anos 40 e 50. ”A Liga da Costa é a máis famosa liga de modestos de Galicia”, aseguran, “pois figura cunha entrada especial (entre a Liga Española e a Liga de Campións) en “Todo sobre o fúbol galego” (Xerais 2012) de Carlos Freire, entre outras publicacións”. Ademais dos trofeos dos vencedores conta con outro simbólico para os pechacancelas de cada temporada: o farol vermello, unha marca propia desta competición desde a 1ª temporada (o CD Baio, que foi quen primeiro o levou, converteuno no motivo principal da súa insignia). Na portada (á dereita), as insignias dos oito equipos fundadores da Liga da Costa (1964). Na contraportada (á esquerda), un extracto do prólogo e fotos de seis dos equipos fundadores da Costa en 1964 (arriba) e outras seis de equipos de temporadas máis recentes (abaixo). No centro, no lombo do libro, un dos históricos farois vermellos da Costa, “reliquia” conservada durante máis de 40 anos por un dos históricos desta liga, Manuel Veloso, que aparece na foto de abaixo coa vestimenta dos anos 50.

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Outras novas

Fonte

Comentarios