Xoves. 08.12.2022
El tiempo

1ª Autonómica: Co motor a medio gas

1ª Autonómica: Co motor a medio gas

6ª xornada na 1ª Autonómica e nin Cee nin Ponteceso acaban de arrincar. Os equipos costeiros acadaron sendos empates que de pouco lles vale para mellorar as súas posicións na táboa, se ben tampouco están en situación comprometida.

Ponteceso - Flavia (1-1)

  • Ponteceso: Norberto, Rubén, Fabián, David, Carlos Mato, Luisete, Rubio (Adrián, min.75), Pablo Vázquez, Tucho (Pitu, min.57), Nando, Toniño.
  • Goles: 0-1, min.20; 1-1, min.62: David de cabeza tras un córner.
  • Expulsión: dous xogadores visitantes (min.61 e 72) e Rubén por doble cartón no min.75.

7 puntos levaron os pontecesáns (5 de Carlos Mato no párpado e 2 a David no queixo), pero só un que conta na táboa. O xogo duro dos padronenses non permitiu que os de Berto desplegasen o seu mellor fútbol, e fixo que levasen demasiado premio do Pinguel. De feito, os locais quedaron cunha clara sensación de derrota.

E iso que na primeira metade estiveron mal os pontecesáns, e o Flavia, ademais de porse por diante cun gol protestado polos locais, puido ampliar a renda. O partido estaba bronco e o Ponteceso tardou en coller o mando.

As expulsións de dous xogadores visitantes permitiu que o Ponteceso subise liñas e tivesen ocasións de todas as cores. Pero o balón non quixo entrar. Varias ocasións deixaron ás portas da vitoria como un gol anulado por fóra de xogo de Adrián, ou unha boa ocasión de Toniño, que tamén sufriu un penalti non sinalado.

Cee - Eume (0-0)

  • Cee: Parroto, Fiuza (Moncho, min.82), Luís, Julio, Rafa, Fermín, Miguel, Piquero (Jacobo, min.67), Nico, Diego (Alex, min.80), Penedo (Víctor, min.56).

Non se cumpriu o dito de "adestrador novo vitoria segura". Llanero ocupou o posto do recén dimito José Manuel Pato, pero o equipo adoeceu dos mesmos males. Ademais das baixas, os ceenses volven deixar escapar dous puntos ao non sentenciar o choque.

Penedo foi o referente ofensivo e tivo boas ocasións, sobre todo no primero periodo, como un balon por encima do traveseiro lugo dun rexeite do porteiro a tiro de falta de Fiuza. O propio atacante corcubionés Penedo mandou á cruceta despues dun pase de Miguel, e Diego e o Miguel tamén probaron dende lonxe. Pero tamén tivo o Eume unha boa ocasión na primeira parte, cun cabezazo de Dani no area pequena que Parroto despexo ao pau.<(p>

A segunda foi bastante aburrida con chegadas esporádicas dos locais sen demasiado perigo. Os ferroláns tiveron unha moi clara que Jesús, tras aproveitarse dun fallo do medio campo e ante a saída de Parroto mandou o balón por encima da portería.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios