1ª Autonómica: Fisterra, Camariñas e Ponteceso en verdadeiro perigo

Mala xornada para os equipos costeiros da 1ª Autonómica. O Malpica é o único que pode respirar, pero o empate, inxusto pois mereceron máis os de Baña, en Amio, deixa ao cadro malpicán máis preto da zona de abaixo que da zona noble.
Mentres, Fisterra, Camariñas e Ponteceso seguen empeñados en sufrir ata o último momento. O Fisterra non podía o sábado co Puebla en Ara Solis; o Camariñas non era quen de marcarlle ao líder Noia; e o Ponteceso deixábase ir caía ante o Unión. Así, os 3 quedan en zona de verdadeiro perigo. Agora é o Ponteceso o que ocupa a penúltima praza trala vitoria do Cacheiras ante o denostado pechacancelas, o Flavia. Pero igualado con 18 puntos está o Camariñas, e tan só a 2, con 20, está o Fisterra, un punto por riba do Cacheiras.
Así e todo, cómpre apuntar que en dous partidos se pode saír do pozo, pois o 6, o Amio, ten só 25 puntos, os mesmos que o Malpica.
Para a semana toca un vital Ponteceso-Camariñas.
Amio - Malpica (1-1)

- MALPICA: Suso, Martín Uruguaio, Marcos Amado (Víctor, min.89), David Castro, Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Mario Casal (Charro, min.65), Ismael (Adrián, min.73), Alemán.
- Goles: 0-1, min.20: Neucha, de penalti, por mans; 1-1, min.80.
- Expulsión: un xogador local no min.60.
Mereceu moito máis o Malpica en Amio, nun choque no que puido acabar goleando e quedou cun empate. I é que os de baña se empregaron a fondo, e demostraron que o parón lles valeu para recuperar tono físico. Levaron o peso do partido en todo momento e as mellores ocasións foron visitantes.
Ata en 5 ocasións os Cheo, Alemán, Neucha e demais tiveron o segundo gol moi preto, pero cando peor estaba o Amio, e con 10 no campo, na única ocasión clara que tiveron despois dun erro defensivo malpicán e a falta de 10 minutos para o final, chegaba o inxusto empate.

Unión - Ponteceso (3-0)
- PONTECESO: Norberto, Rubén, Alberto, Javi, Dani (Fabián, min.80), Canai (Toniño, min.60), Tucho, Bolón (Bolón, min.55), Bieito (Nando, min.70), Brais, Martín Puente.
- Goles: 1-0, min.40; 2-0, min.50; 3-0, min.70.
Foi insuficiente a boa primeira metade do Ponteceso para traer algo positivo do campo do Unión Asados. O cadro de Nacho comezou o partido mandando, xogando ben, defendendo ben e controlando o partido, con varias ocasións de Brais, Canai e Martín Puente, que puideron poñer o partido por diante para os pontecesáns.
Pero non se acertaron e un gol antes do descanso puxo moi costa arriba, e como vén sendo habitual e cando as cousas non van ben, ao recibir un tanto o equipo vense abaixo e queda sen poder de reacción. Así, a segunda foi realmente mala, e cun par de erros atrás deixaron marchar o partido, xa cando aos 5 minutos da segunda entrou o segundo.
Camariñas - Noia (0-3)
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Rodrigo, Carlos (Caamaño, min.65), Paco, Moriño, De la Sierra, Brais, Martín (Javi, min.75), Alex.
- Goles: 0-1, min.40; 0-2, min.70; 0-3, min.85: de penalti.
Non foi mal partido do Camariñas, pero a eficacia do líder foi letal. O Noia demostrou cal é unha das súas mellores armas: non recibir goles, i é que levan 6 goles encaixados en toda 18 partidos, só reciben en 1 de cada 3 choques.
E iso que na primeira o gol rondou a mesa noiesa. Un tiro de De la Sierra, un remate de Alex e un tiro de Martín estiveron preto de adianta aos de Pepucho, pero o Noia marcou ao fío do descanso para baixón local.
Subiu liñas o Camariñas tralo descanso, e Brais Mouzo tivo un gran tiro para empatar. Un Brais que chegaba por banda por bastante perigo, pero os seus centros non atopaban rematador. Pouco a pouco o Noia foise desfacendo do dominio local e nos últimos 20 minutos finiquitou o partido con solvencia, pero con demasiada renda tralo visto no Hermanas Patiño.
Fisterra - Puebla (1-3)

- Fisterra: Joselu, Roberto (Insua, min.70), Piti, Manuel, Robertín, Bebeto, Manín (Eddy, min.46), Marco do Cabo (Guardiola, min.46), Aitor, Mané (Roa, min.80), Cotte.
- Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.55; 0-3, min.70; 1-3, min.85: Roa.
Non puido o Fisterra superar a un intenso Puebla. O cadro de Juan Jesús foi sempre a remolque e na primeira recibiu un tanto tras un córner e puido recibir o segundo pero marraron os da Barbanza dende os 11 metros ante Joselu.
O segundo gol aos 10 minutos da segunda foi clave cando o Fisterra intentaba meterse no partido. Só Roa, e faltando 5 minutos para o final, recurtou distancias xa sen tempo para a remontada.

Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: O Dumbría supera ao XSC.
- Resultados da primeira xornada completa do 2013 no fútbol da Costa.
Novas relacionadas
Artigos relacionados
- Manuel Varela: Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal.
- David Castro: Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol:
- Héctor Pose: Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).