17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión
Os Aldeáns foron Campións de Inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso do ano pasado
Anunciabamos hai pouco que que Corcubión intentaría acolle a histórica Liga de FS de Cee, unha vez que por Cee non hai relevo. Pero o pago dos novos seguros botaron para atrás a numerosos equipos. Parece, en todo caso, que dende Corcubión están retomando o asunto, e o organizador Carlos Pazos confía en poñela a andar en vindeiras datas.
A de Corme en marcha
Se en Carballo xa están en plena competición, á de Corme quédalle pouco. A organización está á espera da documentación, sobre todo do devandito seguro, para comezar a Liga.
Son 17 equipos os inscritos (serán dous grupos, un de 8 e outro de 9, disputando unha soa volta), está prevista que comenze o sábado 19 de novembro. Na segunda fase xogaran os catro primeiros de cada grupo na primeira os catro e cinco últimos na segunda.
A vindeira semana, cando saian, traeremos os calendarios a www.futboldacosta.com, pero por agora podedes ir vendo os grupos:
| Grupo A | Grupo B |
| Bar Avenida | Os Aldeáns |
| Royal Tym | TPL Hostal Crisol |
| Seaia FS | Beres Apligasa |
| Talleres Capelán | Bar París Aislan Sinxelo |
| Drinking Team | Bar o Cruceiro |
| Bar Madison | Trans Cotelo |
| Bar Secundino | Pub O Cornecho |
| Asfeco | Faldra Folk |
| Carpintería Cerdeiro | — |